Comunicado do Bng de Castrelo xde Miño sobre o censo electoral

A oficina do censo electoral  comunica que observou indicios  dun incremento irregular do censo de Castrelo de Miño

O BNG vén de recibir contestación por parte da oficina do censo electoral, onde comunica como se pode ver na imaxe que se achega, que hai un aumento irregular do censo, e solicita informes explicativos ao concello de Castrelo de Miño sen aínda recibir resposta.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así llo comunicou ao BNG de Castrelo de Miño tras a reclamación feita polo portavoz Esteban Suárez, na que se lle manifesta que continúa requirindo información ao concello por segunda vez e que o manterá informado en todo momento das actuacións legais que continúe realizando ata resolver esta situación irregular creada por Avelino Pazos.

Unha vez finalizadas estas actuacións o BNG esixirá onde proceda o castigo destas presuntas ilegalidades que poden supor a inhabilitación para cargo público do alcalde e concelleiros do equipo de goberno, xa que na resposta aos medios, o señor Pazos non tivo ningún tipo de reparo en afirmar que foron eles os responsables deste aumento irregular do censo.