O Cine Club retoma as súas proxeccións semanais logo do parón nos meses de verán. O filme deste venres será “Alcarrás:la última cosecha”. Durante xeracións, a familia Solé cultivou unha gran superficie de pexegos en Alcarràs, un pequeno pobo rural de Cataluña. Pero este verán, despois de oitenta anos labrando a mesma terra, pode ser a súa última colleita.
Dirixido por Carla Simón, o filme obtivo o Oso de Ouro no pasado Festival de Berlín. Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en versión orixinal en catalán con subtítulos en castelán. Coma sempre, os pases serán no Auditorio Manuel María do Carballiño.