Espazo Común convida aos gobernantes do Irixo a traballar polos veciños e deixarse de pelexas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os dirixentes de Espazo Común apuntan o “desconcerto e moito malestar” que perciben os veciños do Irixo con respecto ao esperpento político no que se converteu nestes últimos anos o Concello. “No canto de traballar para arranxar os problemas dos cidadáns que son  moitos, PP, PSOE e Xuntos polo Irixo adican a súa enerxía a pelexarse entre eles, ás conspiracións para acaparar o poder e a escenificar diferentes actos de amor e desamor que fan que esto pareza unha telenovela turca”, na opinión da formación que lidera Manuel Vázquez.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Neste sentido, lembran que “esta semana asistimos a outro capítulo, o enésimo, coa dimisión do tenente do alcalde socialista e os conseguintes rumores dunha posible nova moción de censura de populares e socialistas para desaloxar á alcaldesa”. Engaden que “a situación actual do Irixo denota o pouco respecto que uns e outros teñen polos cidadáns aos que representan”, e  que “dálles igual ir cunhas siglas e despois renderse a outras, dálles igual botar a vida falando do moito que se odian e dálles igual que este pobo só sexa noticia polas súas andanzas”.

En Espazo Común subliñan que “o caso da capital da comarca é un claro exemplo da traxectoria desquiciada de PP e PSOE que non teñen reparo en enganar a todos con tal de aferrarse ao poder namentres todo vai a menos”, e, en consecuencia, demandan “aos concelleiros actuais, saíntes e entrantes que fagan un exercizo de reflexión para tentar poñer un pouco de cordura na xestión municipal do Irixo”.