O reencontro máis agardado da comunicación e do márketing de Galicia

Publicidade ASPADISI
  • O 9º Foro da Comunicación contou coa participación dunha vintena de relatores que abordaron cuestións como a problemática das fake news
  • A gala dos Premios Paraugas regresou a Expourense co formato presencial para recoñecer as boas prácticas no eido da edición, da impresión, do deseño, da creatividade, do márketing e da comunicación das entidades galegas

Ourense converteuse hoxe na capital da comunicación e do márketing de Galicia ao reunir en Expourense a máis de 450 profesionais destes sectores que asistiron tanto ao 9º Foro da Comunicación de Galicia como á entrega dos VI Premios Paraugas.

9º Foro da Comunicación

HIPER MASIDE

O Foro da Comunicación de Galicia, organizado por Expourense coa colaboración do Clúster da Comunicación de Galicia, celebrou hoxe a súa novena edición, que supuxo un novo éxito, tanto polo número e o prestixio dos 22 relatores como pola acollida recibida por parte dos asistentes, tanto dos que estiveron presencialmente en Expourense como dos que seguiron o evento vía online, en total máis de 200 asistentes. Este Foro está xa consolidado como un punto de encontro de referencia para os profesionais galegos vencellados a estes sectores, xa que lles ofrece a oportunidade de compartir experiencias con grandes expertos do sector e con directivos de importantes empresas que marcan tendencia á hora de comunicar. Este Foro contou co apoio da Deputación Provincial de Ourense e da Secretaria Xeral de Medios da Xunta de Galicia.

O obxectivo deste 9º Foro da Comunicación de Galicia foi poñer en valor a calidade e a innovación do traballo das empresas galegas nestes sectores, incluíndo tamén experiencias punteiras de empresas de fóra da nosa comunidade. O programa do foro tivo moi presentes cuestións de actualidade de grande importancia para os profesionais, como a problemática das fake news ou a relación cada vez máis estreita entre xornalismo e deseño.

Este foro acolleu catro mesas redondas sobre marketing de contidos coa presenza de importantes axencias galegas; sobre comunicación e igualdade; sobre deseño e comunicación e sobre fake news. Houbo tamén tres clases maxistrais a cargo do CEO de Torres y Carrera, Xurxo Torres, que falou sobre a postverdade e achegou datos como que as noticias falsas se difunden un 70% máis rápido que as reais”. É Tamén contou coa participación do creativo arxentino Fernando Vega Olmos, un dos maís importantes a nivel internacional quen indicou que “o marketing non é maís que ter unha boa idea e tela antes ca ninguén”. A conferencia de clausura correu a cargo do director creativo Oriol Villar, autor de eslóganes que forman parte do imaxinario colectivo do noso país como “En casa en ningún sitio”, “mediterráneamente” ou “La vida es chula”.

VI Premios Paraugas

O Clúster da Comunicación de Galicia entregou esta tarde no recinto feiral de Expourense os VI Premios da Comunicación e do Márketing de Galicia, Premios Paraugas, que se crearon en 2016 co obxectivo de recoñecer publicamente o bo facer das empresas e dos profesionais que traballan en toda a cadea de valor da comunicación dentro da nosa comunidade autónoma. Na edición deste ano entregáronse un total de 19 galardóns nesta gala que contou coa presenza do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén. O Premio Paraugas ao Mellor Congreso e o Premio Paraugas ao Mellor Incentivo de Empresa quedaron desertos por mor da pandemia.

No marco da convocatoria, establecéronse oito categorías de premios (con 21 subcategorías en total) ás que optaron preto de 250 candidaturas, cifra que pon de manifesto o crecente interese por un evento que, ano tras ano, se consolida como a gran festa galega da comunicación.

Relación de premiados:

A continuación, detállanse as empresas e organizacións distinguidas no marco de cada unha das categorías:

Categoría Edición e Impresión (Premios HP Indigo)

Categoría Edición

Premio Paraugas ao Mellor Libro

  • Ensamble Isaac. Tórculo Comunicación Gráfica

          Premio Paraugas ao Mellor Traballo de Publicidade Comercial

  • Catálogo 2021. Tórculo Comunicación Gráfica

Categoría Impresión

Premio Paraugas ao Mellor Traballo Comercial (libro, folleto ou catálogo) feito en Impresión Dixital

  • El cuaderno alado. Gráficas Anduriña

        Categoría Deseño (Premios GAIN)

Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico

  • Identidade corporativa de Katarsis. Kindergarten

Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto

  • CAMBO Familia de luminarias de interior. Cenlitrosmetrocadrado/a-emotional light

Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital

  • EASD Antonio Faílde. 988 Deseño e Arquitectura

Categoría Creatividade (Premios Roi Scroll)

Premio Paraugas á Mellor Idea

  • Restyling Acción Tatoo. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)

Premio Paraugas á Mellor Campaña

  • Sabemos que sempre o levarás dentro. Unifersa (Clickfer)

Premio Paraugas á Mellor Produción (Craft)

  • Una cerveza como Dios manda. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Abadía dos Monxes)

Categoría Márketing Dixital (Premios PuntoGal)

Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Márketing Dixital

  • #MisMotivosVueling. Torres y Carrera

Premio Paraugas á Mellor Campaña de Produto ou Servizo

  • Estratexia de venda dixital & CRO para Adeslas. Bysidecar

Premio Paraugas ao Mellor Proxecto de Social Media

  • Cabo de Peñas. Quattro idcp

Categoría Márketing (Premios Avante)

Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de ‘Branding’

  • Las Estrellas del Camino. Hijos de Rivera (Aupa/Ymedia/Proximia)

Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Produto/Servizo

  • Campaña de lanzamento das infusións Wize Monkey. Cafés Candelas (Ma Agencia/Desoños/Zeltia Stadelmann)

Premio Paraugas á Mellor Acción de Promoción de Vendas 

  • Promoción 0’0 Emisiones. Hijos de Rivera (Grupo 76)

Categoría Comunicación (Premios Galicia Calidade)

Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Externa

  • Km.C. Hijos de Rivera (Idea Creatividad/Proximia Havas)

Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Interna

  • Plan de embajadores Bysidecar. Bysidecar

Premio Paraugas á Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial

  • Colleita propia. Aceites Abril

Categoría Eventos (Premios tac! activando el recuerdo de tu marca)

Premio Paraugas ao Mellor Evento

  • SON Estrella Galicia Posidonia: El Reencuentro. Hijos de Rivera (Costa)

Premio Paraugas ao Mellor Congreso

Deserto

Premio Paraugas ao Mellor Incentivo de Empresa

Deserto

Premios honoríficos

Xunto a isto, o acto, que puido seguirse en streaming e en directo pola TVG, serviu tamén para por en valor o traballo de diferentes empresas e persoas que destacan pola súa contribución ao ámbito da comunicación. Entre os homenaxeados estiveron Amalia Baltar, pola súa traxectoria a prol da comunicación de Galicia; Oriol Villar, director creativo, realizador e guionista; e Fernando Vega Olmos, publicista e cofundador de Anita&Vega. Ademais, recibiu unha homenaxe póstuma Lis de Soto, polo valor achegado ao sector da publicidade de Galicia ao longo de toda a súa vida.

Entidades organizadoras

Esta edición dos Premios Paraugas da Comunicación e do Márketing de Galicia, organizados polo Clúster da Comunicación de Galicia, contan co patrocinio das seguintes entidades e empresas: HP Índigo, GAIN (organismo dependente da Consellería de Economía da Xunta de Galicia), PuntoGal, tac! activando el recuerdo de tu marca, Avante, Galicia Calidade, Inorde e Roi Scroll.

Ademais, este ano colaboran no evento Expourense, Miraveo, Aceites Abril, Atelier Gráfica Visual, a D. O. Valdeorras, Executivas de Galicia, Creatividade Galega, Dircom Galicia, Markea, OPC Galicia, Tórculo, Wise, Palacio de Oriente e tamén o Igape.

Ao acto asistiu un nutrido grupo de profesionais de toda Galicia, máis de 250 en total, entre os que se atoparon directivos de márketing e comunicación de destacadas empresas, así como de axencias de publicidade, deseñadores, editores, e outros expertos, que contribúen co seu traballo a fomentar a competitividade galega no eido da comunicación.