O sorteo dos postos de minibar para a ‘Festa do Pulpo’ terá lugar o 3 de xullo na Casa do Concello do Carballiño

All-focus
----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño, a través da Concellería de Turismo, vén de anunciar a data do sorteo público dos postos de minibar da 64ª Festa do Pulpo, que se realizará o venres 3 de xullo ás 20,00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial. Para participar no sorteo non é necesario presentar solicitude previa, basta con que as persoas interesadas comparezan á hora e día indicados debidamente identificadas.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Con todo, en caso de non poder acudir ao sorteo, pódese presentar no rexistro do Concello a solicitude do posto ata o 15 de xullo incluído, xunto co pago da taxa de tramitación (2,65 euros). Segundo indica a normativa reguladora, cada persoa só poderá solicitar e rexentar un único posto.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Os titulares deberán abonar 220,60 euros de taxas (2,65 euros de tramitación e 217,95 polo posto) por cada caseta, así como facer o depósito dunha fianza de 400,00 euros pola ocupación do dominio público. Ademais, serán responsables de velar polo cumprimento da normativa de ruídos e orde público, así como de respectar os espazos públicos e o entorno natural.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------