O grupo socialista sinala que “política social está a fallar” fronte a pandemia que deriva nunha situación “inasumible” nas residencias de maiores

Marina Ortega reclama “parámetros obxectivos e transparencia nos datos” e “protocolos que permitan evacuar de inmediato aos positivos para evitar a propagación da pandemia” nas residencias

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que sinala que a Consellería de Política Social “está a fallar na forma de proceder” fronte á pandemia, derivando nunha situación “inasumible” nas residencias de maiores. Ortega reclámalle á Xunta que empregue “parámetros obxectivos e transparencia nos datos”.

AVANTAR ACTIVIDADES

A responsable socialista presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que cuestiona a actuación da Consellería de Política Social, que “está a fallar na forma de proceder neste contexto, polo que é urxente que se aporte toda a información en sede parlamentaria”. Reclamou “protocolos que permitan evacuar aos positivos para evitar a propagación da pandemia” nas residencias.

Marina Ortega reclama coñecer os antecedentes de actuación da Consellería nos centros antes de aparecer os contaxios, así como “saber se houbo medidas preventivas, e sobre todo, medidas concretas en canto ao incremento do persoal”. Así o dixo logo de coñecer a intervención, onte, da residencia de Salvaterra, e hoxe a DomusVi de Ribadumia.

Explicou que “na segunda onda da pandemia xa son moitas as residencias que están a sufrir contaxios masivos e de xeito abrupto”, ademais das dúas citadas, coma o Incio, Culleredo, Outeiro de Rei, a residencia de Pereiro, Val de Monterrei, a Nosa Señora do Viso en Lobeira, así como o centro residencial de xestión pública directa da Nosa Señora dos Miragres, en Barbadás.

Proposición non de lei en Pleno

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa deputadas e do seu deputado, Marina Ortega Otero, Paloma Castro Rey e Julio Torrado Quintela, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Proposición non de lei en Pleno

En Galicia, existen actualmente (27/10/20) 7.074 casos activos por Covid-19 e continúan empeorando todas as áreas sanitarias, situación preocupante tendo en conta que o número de probas PCR descenderon notablemente  nos últimos días.

O total de falecementos dende que deu comezo a pandemia é de 880 persoas. O impacto da pandemia está tomando o eido da atención residencial coma diana con 587 contaxios por Covid-19 en residencias e 383 falecementos neste contexto.

Achegámonos  á  metade  do  total  de  falecementos  por  coronavirus  desta pandemia no contexto residencial.

Nas últimas horas estamos a coñecer os peores datos da pandemia en Galicia ata o momento.

Os centros de atención residencial configuran o núcleo máis vulnerable neste contexto, polo que se precisan parámetros claros e obxectivos na forma de actuar.

Na segunda onda da pandemia xa son moitas as residencias están a sufrir contaxios masivos e de xeito abrupto, coma O Incio, Culleredo, Outeiro de Rei, a residencia de Pereiro, o de Val de Monterrei, e Nosa Señora do Viso en Lobeira,  DomusVi  Ribadumia,  así  coma  o  centro  residencial  é  de  xestión pública directa, dependente da Consellería de Política Social, na residencia Nosa Señora dos Miragres en Barbadás, entre outros.

Hoxe coñeceuse un novo centro residencial foco dun contaxio masivo, en concreto a Xunta de Galicia vén de intervir  a residencia xeriátrica Salvaterra, radicada no municipio de Salvaterra de Miño. Segundo informou a Xunta, un equipo  de  profesionais  sanitarios  do  Servizo  Galego  de  Saúde  está  xa desprazado no centro. A medida de intervir a residencia adóptase despois de contabilizar 110  positivos por coronavirus (84 residentes e 26 profesionais).

É urxente coñecer os antecedentes de actuación da consellería no propio centro antes de aparecer os contaxios. Coñecer se houbo medidas preventivas, e sobre todo, medidas concretas en canto ao incremento do persoal. A actuación da Consellería de Política Social está a fallar na forma de proceder neste contexto, polo que é urxente que se aporte toda a información en sede parlamentaria para dar conta a cidadanía. E como non, esa información debe ser pública e incluír os datos de contaxios por cada centro de atención residencial.

Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a seguinte Proposición non de lei:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que aporte a información en canto aos protocolos adoptados e parámetros obxectivos para a toma de decisión de intervir un centro de atención residencial de maiores unha vez entra no centro o coronavirus Covi-19“.

Pazo do Parlamento, 27 de outubro de 2020

Asdo.: Marina Ortega Otero Paloma Castro Rey Julio Torrado Quintela

Interpelación.

Marina Ortega Otero, Paloma Castro Rey e Julio Torrado Quintela, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia e ao abeiro do disposto no artigo 147 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Interpelación.

En Galicia, existen actualmente (27/10/20) 7.074 casos activos por Covid-19 e continúan empeorando todas as áreas sanitarias, situación preocupante tendo en conta que o número de probas PCR descenderon notablemente  nos últimos días.

O total de falecementos dende que deu comezo a pandemia é de 880 persoas. O impacto da pandemia está tomando o eido da atención residencial coma diana con 587 contaxios por Covid-19 en residencias e 383 falecementos neste contexto.

Achegámonos  á  metade  do  total  de  falecementos  por  coronavirus  desta pandemia no contexto residencial.

Nas últimas horas estamos a coñecer os peores datos da pandemia en Galicia ata o momento.

Os centros de atención residencial configuran o núcleo máis vulnerable neste contexto, polo que se precisan parámetros claros e obxectivos na forma de actuar.

Na segunda onda da pandemia xa son moitas as residencias están a sufrir contaxios masivos e de xeito abrupto, coma O Incio, Culleredo, Outeiro de Rei, a residencia de Pereiro, o de Val de Monterrei, e Nosa Señora do Viso en Lobeira,  DomusVi  Ribadumia,  así  coma  o  centro  residencial  é  de  xestión pública directa, dependente da Consellería de Política Social, na residencia Nosa Señora dos Miragres en Barbadás, entre outros.

Hoxe coñeceuse un novo centro residencial foco dun contaxio masivo, en concreto a Xunta de Galicia vén de intervir  a residencia xeriátrica Salvaterra, radicada no municipio de Salvaterra de Miño. Segundo informou a Xunta, un equipo  de  profesionais  sanitarios  do  Servizo  Galego  de  Saúde  está  xa desprazado no centro. A medida de intervir a residencia adóptase despois de contabilizar 110  positivos por coronavirus (84 residentes e 26 profesionais).

É urxente coñecer os antecedentes de actuación da consellería no propio centro antes de aparecer os contaxios. Coñecer se houbo medidas preventivas, e sobre todo, medidas concretas en canto ao incremento do persoal. A actuación da Consellería de Política Social está a fallar na forma de proceder neste contexto, polo que é urxente que se aporte toda a información en sede parlamentaria para dar conta a cidadanía. E como non, esa información debe ser pública e incluír os datos de contaxios por cada centro de atención residencial.

Polo   exposto,   as   deputadas   e   deputado   asinantes   formulan   a   seguinte

Interpelación.

1.ª) Cales son os parámetros ou protocolo obxectivo, para que a Administración competente decida intervir ou non un centro de atención residencial para maiores?

2.ª) Cales son os medios materiais e humanos que se habilitan por parte da

Administración competente?

3.ª) Por que non se facilitan os datos de contaxios por cada residencia xunto aos datos de contaxios totais a diario?

Pregunta para a súa resposta oral en Pleno

Marina Ortega Otero, Paloma Castro Rey e Julio Torrado Quintela, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia e ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Pleno.

En Galicia, existen actualmente (27/10/20) 7.074 casos activos por Covid-19 e continúan empeorando todas as áreas sanitarias, situación preocupante tendo en conta que o número de probas PCR descenderon notablemente  nos últimos días.

O total de falecementos dende que deu comezo a pandemia é de 880 persoas. O impacto da pandemia está tomando o eido da atención residencial coma diana con 587 contaxios por Covid-19 en residencias e 383 falecementos neste contexto.

Achegámonos  á  metade  do  total  de  falecementos  por  coronavirus  desta pandemia no contexto residencial.

Nas últimas horas estamos a coñecer os peores datos da pandemia en Galicia ata o momento.

Os centros de atención residencial configuran o núcleo máis vulnerable neste contexto, polo que se precisan parámetros claros e obxectivos na forma de actuar.

Na segunda onda da pandemia xa son moitas as residencias están a sufrir contaxios masivos e de xeito abrupto, coma O Incio, Culleredo, Outeiro de Rei, a residencia de Pereiro, o de Val de Monterrei, e Nosa Señora do Viso en Lobeira,  DomusVi  Ribadumia,  así  coma  o  centro  residencial  é  de  xestión pública directa, dependente da Consellería de Política Social, na residencia Nosa Señora dos Miragres en Barbadás, entre outros.

Hoxe coñeceuse un novo centro residencial foco dun contaxio masivo, en concreto a Xunta de Galicia vén de intervir  a residencia xeriátrica Salvaterra, radicada no municipio de Salvaterra de Miño. Segundo informou a Xunta, un equipo  de  profesionais  sanitarios  do  Servizo  Galego  de  Saúde  está  xa desprazado no centro. A medida de intervir a residencia adóptase despois de contabilizar 110  positivos por coronavirus (84 residentes e 26 profesionais).

É urxente coñecer os antecedentes de actuación da consellería no propio centro antes de aparecer os contaxios. Coñecer se houbo medidas preventivas, e sobre todo, medidas concretas en canto ao incremento do persoal. A actuación da Consellería de Política Social está a fallar na forma de proceder neste contexto, polo que é urxente que se aporte toda a información en sede parlamentaria para dar conta a cidadanía. E como non, esa información debe ser pública e incluír os datos de contaxios por cada centro de atención residencial.

Polo exposto, as deputadas e deputado asinantes formulan a seguinte pregunta: Cales son os parámetros ou protocolo obxectivo, para que a Administración

competente  decida  intervir  ou  non  un  centro  de  atención  residencial  para

maiores?