O Carballiño sobe ós 75 casos activos e a comarca suma xa 121 contaxios

A comarca sobe os casos totais coma consecuencia de varios concellos que ascenden os casos hoxe, ata un total de 121.

O Carballiño mantén a estabilidade. Nos últimos días os datos subiron de xeito continuo, amosando preocupación. Hoxe as cifras mantéñense estables, subindo dous casos respecto a onte, para un total de 75.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os focos preocupantes, aínda que estables, son os que se orixinaron o pasado venres en Maside, que ascende a 15 contaxios, dous máis ca onte. E Boborás, con 14 casos activos, un máis ca onte. O aumento debese a un brote producido no Fogar Residencial de Brués. En ambos casos, a situación está controlada.

O concello de Beariz sobe hoxe ós tres casos activos. Punxín, San Amaro, O Irixo e Piñor, pasan a ter dous cada un deles, e no caso de San Cristovo de Cea baixan hoxe os casos dos 7 de onte ós 6 de hoxe.