NOTA INFORMATIVA DO PP DO CARBALLIÑO
A Xunta autoriza a incorporación de 1 millón de euros de fondos europeos para desenvolver no Carballiño, dentro do plan autonómico de sustentabilidade turística e enogastronomía
Na sesión de hoxe xoves, o Consello da Xunta ven de aprobar a sinatura dun convenio de colaboración co Concello do Carballiño por 1 millón de euros que permitirá realizar a ampliación da senda do Arenteiro ata o Bañiño de Arcos, xa demandada polo grupo municipal do Partido Popular no Carballiño fai anos, así como unha vella demanda de arranxo das pallozas do cámping municipal para actualizalas e poder usarse todo o ano, a iluminación do noso patrimonio relixioso e puntos singulares e mellorar a integración dos espazos naturais cércanos ao río co casco urbano son actuación a desenvolver.
De igual , e agora si, parece que se conseguen fondos efectivos para a posta en marcha definitiva do museo do papel e crearáse un produto turístico baseado no enogastronomía para potenciar a la boura das nosas pulpeiras.
Dende o Grupo Municipal, agradecemos á Xunta de Galicia a sensibilidade que mostra co Carballiño en puntos tan importantes para o desarrollo eficiente do noso potencial turístico, sendo como non unha parte importante do turismo do interior de Galicia.
Desexamos que o Convenio se poda asinar canto antes e as actuacións previstas se fagan realidade en tempo e forma.
ACORDO DO CONSELLO DA XUNTA
![](https://badalnovas.com/wp-content/uploads/2023/07/acordo-da-xunta.jpg)