Presas afirma que o BNG “dará a sorpresa este 29N e fará historia obtendo a primeira acta por Ourense”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Subliña que o BNG está no seu mellor momento e que “Ourense estará á altura” fronte a quen quere levar ao medo e a resignación

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

“En Ourense temos a sorte de que non hai que escoller entre o mal maior e o mal menor: aquí está o BNG” reivindica

Ourense, 13 novembro 2026. Durante a primeira xornada electoral, a cabeza de lista do BNG afirma que “é o momento de dar o salto e facer historia en Ourense” conseguindo por primeira vez un escano no Congreso que leve a voz dos e das ourensás e defenda os seus intereses. Noa Presas asegura que o BNG está no mellor momento e que “Ourense estará a altura” porque non hai que escoller entre o mal maior ou o mal menor: “está o BNG”.

Despois dunha intensa primeira matinal electoral, a cabeza de lista acompañada por simpatizantes e militantes da organización participou dun reparto na cidade de Ourense para dar a coñecer as propostas do BNG de cara a estas eleccións xerais do 29N. Noa Presas asegurou que a organización nacionalista “atópase nun dos seus mellores momentos e dará a sorpresa nestas eleccións, facendo historia e obtendo a primeira acta por Ourense”.

“Hai moita xente que está mirando cara a nós, unha corrente de simpatía, porque entende que despois de máis de 40 anos de bipartidismo estéril que se foi repartindo os escanos, a día de hoxe o BNG está en disposición de facer historia e obter un escano por Ourense. Non hai que escoller entre mal maior e mal menor: aquí está o BNG” afirmou Presas.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Paralelamente, a cabeza de lista do BNG presentou xunto co resto de candidatos e candidatas un programa específico para as comarcas ourensás asumindo compromisos da cidadanía de Ourense e co obxectivo de garantir un futuro digno. “Desde Ourense imos estar á altura neste momento histórico porque xa abonda de abandono e inacción” dixo durante o reparto.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------