In Memoriam : Emilio Rodríguez Álvarez

Onte faleceu Emilio Rodríguez Álvarez, fundador do Orfeón de Carballiño.

Hoxe as catro e media da tarde sairá a condución dende o tanatorio de Maside ata a igrexa parroquial de Santa Comba, na que se celebrará o funeral.

AVANTAR ACTIVIDADES

En 1993, un grupo de 30 coralistas experimentados, pertencentes a outros grupos musicais, decidiron unirse e dar vida ao orfeón do Carballiño, sendo o seu presidente Emilio Rodríguez.

A primeira cita da Coral foi unha misa cantada e televisada, aspirando xa a alcanzar o éxito, tras a que veu un periplo de viaxes cantando por Galicia, España e máis aló das fronteiras peninsulares, Arxentina, Holanda, Hannover, Núremberg, Notre Dáme, Fátima ou Lisboa acollerían as súas voces inquietas.

O festival anual de Habaneiras faríaos coñecidos dentro do noso país, contando en cada edición con corais doutras comunidades coas que establecen vínculos.

Traballaron sempre baixo o mando de José Luis Reza, compositor, director e profesor de canto. Por problemas personales tivo que ceder a batuta en 2013, cando chegou un mozo de 19 anos, Christian Casas Hernández, experto no mundo do piano e do canto. Acabando os seus estudos como Director de Orquestra na Coruña, preparou nun mes o festival de Habaneras, desde entonces é o Director do Orfeón, pero a alma e corazón do Orfeón sempre foi Emilio Rodríguez Alvarez. R.I.P.

VIDEOS de RECORDO de EMILIO ( merece a pena velos todos )

Fotos da páxina web do Orfeón:

DESCANSE EN PAZ