Rairiz de Veiga, 15 de setembro de 2026.– O Concello de Rairiz de Veiga acolleu a presentación oficial da Romaría da Saínza 2026, que se celebrará do 24 ao 27 de setembro. No acto de presentación participaron a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade; a colaboradora da festa, Ana Míguez; o cañoneiro, Daniel Ferreiro; o capitán do bando cristián, Breogán Prieto; e o xefe do bando moro, José Antonio Bretaña.
Durante a rolda de prensa, a rexedora subliñou o valor desta celebración tradicional e puxo en valor o traballo de toda a veciñanza para manter viva unha das representacións de historia e tradición máis senlleiras da comarca.
Unha das grandes novidades desta edición é a recuperación do combate infantil de mouros e cristiáns, que levaba anos sen realizarse e que terá lugar o sábado 26 de setembro ás 18:15 horas no campo do Castelo, garantindo así a remuda xeracional desta festa de interese turístico.
DOUS GRANDES MOMENTOS NO PROGRAMA: O ASALTO AO CASTELO E A BATALLA
A programación inclúe momentos de gran dramatismo e espectacularidade que atraen cada ano a centos de visitantes:
- A Noite Moura: Asalto ao Castelo (Sábado 26 de setembro). Tras o desfile do exército cristián ás 23:45 h dende a Capela da Saínza ao Campo do Castelo, ás 00:00 hcelebrarase a XIX edición da “Noite Moura: Asalto ao Castelo” por parte dos Mouros no Campo de Batalla.
- Gran Combate de Mouros e Cristiáns (Domingo 27 de setembro) O acto máis emblemático da romaría terá lugar ás 12:45 h no campo de batalla, onde se enfrontarán ambos bandos nunha representación épica e chea de tradición.
PROGRAMACIÓN COMPLETA DÍA A DÍA
XOVES 24/09/2025
12:15 h: Procesión da Nosa Sra. da Mercé da Capela de A Saínza acompañada pola Escola de Gaitas Municipal de Rairiz de Veiga.
19:00 h: Actuación no campo da festa do Trío Iris.
VENRES 25/09/2025
17:00 h: Xogos infantís con monitores no campo da festa.
21:00 h: Actuación do grupo Xoldra.
00:00 h: III Festival Sainza Soundscape no campo da festa coa discoteca móbil A Gramola Tour Life.
SÁBADO 26/09/2025
18:15 h: IX Edición “O meu primeiro combate de mouros e cristiáns” no campo do Castelo.
19:00 h: Procesión da Nosa Sra. da Mercé da Capela de A Saínza ata a Igrexa San Xoán de Rairiz de Veiga.
21:30 h: Actuación no campo da festa da orquestra Triunfo.
23:45 h: Desfile do exército cristián dende a Capela de A Saínza ao Campo do Castelo.
00:00 h: XIX Edición “Noite Moura: Asalto ao Castelo” por parte dos Mouros no Campo de Batalla.
Verbena con alternancia musical: Orquestra América S.L. (00:30 h e 03:30 h) e orquestra Triunfo (02:00 h).
DOMINGO 27/09/2025
11:00 h: Descarga de Bombas de Palenque.
11:30 h: Saída da Procesión dende a Igrexa San Xoán de Rairiz de Veiga ao Castelo de A Saínza acompañada pola Escola de Gaitas Municipal de Rairiz de Veiga.
12:00 h: Misa solemne no campo de batalla.
12:45 h: Gran Combate de Mouros e Cristiáns no campo de batalla.
14:00 h: Sesión vermú no campo da festa coa charanga Los Támega.
17:00 h: Actuación no campo da festa da charanga Los Támega.
18:30 h e 19:45 h: Actuacións da orquestra Paris de Noia.
19:30 h: Homenaxe a persoas destacadas na Romaría da Saínza no campo da festa.
O Concello de Rairiz de Veiga convida a toda a veciñanza e aos visitantes da provincia e de toda Galicia a achegarse durante estas xornadas a gozar duns festexos únicos que conxugan fe, cultura, espectáculo e convivencia.
Saúdos.
Comunicación Concello de Rairiz de Veiga.


















