Avelino Muleiro García :
-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

“Eu vin ao mundo para dar testemuño da verdade” (Xesús de Nazaret).
“Que é a verdade?”
Esa é a famosa pregunta que Poncio Pilato lle espetou a Xesús de Nazaret (Evanxeo de Xoán, 18: 37-38), enquistada na historia e resoando polos foros filosóficos ao longo dos séculos, cuxo eco vai causando estupor nos grandes escenarios políticos dada a súa actual vixencia perturbadora.
Aquel dramático encontro no que un xudeu encadeado afirmaba vir ao mundo para “dar testemuño da verdade”, non creou soamente un dilema teolóxico, senón que propiciou un choque brutal entre a enteireza do acusado e o pragmatismo político máis descarado dun gobernador romano.
É preciso lembrar que Xesús de Nazaret foi levado ante Poncio Pilato despois de ser xulgado polo Sanedrín xudeu, baixo a presidencia de Caifás. Esta institución declarouno culpable de blasfemia por proclamarse o Mesías; con todo, ao atoparse Xudea baixo ocupación romana, as autoridades locais carecían do poder legal para executar a pena de morte. Para evitar as represalias do Imperio, o Sanedrín trasladou o caso a Pilato para que este asumise a responsabilidade da condena. Así, aínda que o gobernador romano se lavou as mans publicamente alegando inocencia no reo, tras bambalinas asinou a sentenza de morte, respondendo aos intereses do Imperio e executando o desexo de Caifás. Ambos personaxes operaron como auténticos maquiavelos do século I, priorizando a preservación do seu poder a calquera prezo.

Poncio Pilato e a banalidade do mal na Xudea romana
A historia describe a Poncio Pilato como un político mediocre. O seu labor como gobernador baixo o imperio de Tiberio limitábase a tarefas exclusivamente burocráticas e de control: manter a orde, recadar impostos para Roma e administrar a xustiza en casos de pena de morte. El era, en esencia, unha engrenaxe máis do sistema imposto polo Imperio Romano, cuxos procedementos cumpría sen reflexionar sobre as consecuencias morais dos seus actos. A súa actitude xurídica co Nazareno non está lonxe da conduta que Hannah Arendt describiu como a “banalidade do mal”, atribuída a Adolf Eichmann no seu xuízo en Xerusalén (Eichmann en Xerusalén).
Os historiadores da época, como Flavio Xosefo e Filón de Alexandría, retratan a Poncio Pilato como un gobernante ríxido, implacable e profundamente insensible cara ás tradicións relixiosas xudías, o que provocou constantes tensións durante o seu mandato. Fiel ao seu instinto de supervivencia política -como segue sucedendo na política actual-, a súa máxima prioridade era perpetuarse no poder. Isto quedou en evidencia cando, intentando protexer a súa carreira, preferiu lavarse as mans e ceder ante a presión da multitude que vociferaba reclamando a pena de morte para o Nazareno, entregándoo para a crucifixión.
O problema da verdade
Cando Xesús informa a Pilato dunha misión transcendental na súa vida baseada na verdade, Pilato non manifesta na súa pregunta unha curiosidade intelectual, senón un desdén falsamente filosófico. A memorable intervención do gobernador de Xudea, propia do político soberbio que instrumentaliza a xustiza en proveito propio, debe catalogarse como unha escena desbordante de ironía e cinismo ante un público moi manipulado pola elite relixiosa oficial que, vendo en Xesús unha ameaza ao seu status, pedía a liberación de Barrabás.
Un político culto non esixe respostas rápidas sobre a natureza da verdade nin sobre conceptos de similar importancia. Ao contrario, prefire unha explicación sosegada e fundamentada. Así mesmo, o interrogador intelixente require un dominio previo da materia antes de formular calquera pregunta, previndo así quedar exposto ante unha eventual réplica do interlocutor.
Con todo, para alcanzar o devandito saber, sería necesario revisar o pensamento de grandes figuras da época como Cicerón, Lucrecio ou Séneca. Ao facelo, comprendería que a procura da verdade transcende o mero esforzo intelectual; trátase, en realidade, dun deber ético fundamental. Como sinala Cicerón en De Officiis, isto débese a que a verdade posúe un carácter obxectivo, profundamente arraigado na Lei Natural.
Por outra banda, calquera líder político romano con sentido da responsabilidade tería o deber de coñecer a postura sobre a verdade dos grandes referentes da filosofía grega, como Parménides, Platón e Aristóteles, dos que se nutriu a cultura romana. De facelo, comprendería que a verdade é un exercicio puro de revelación; un proceso no que se descorren os veos do engano e a aparencia para permitir que a esencia auténtica das cousas se mostre tal cal é. A este concepto é ao que os gregos chamaban aletheia.
Con ese coñecemento, Pilato entendería que a verdade universal e racional non é un concepto baleiro nin unha abstracción estéril. Tampouco é algo que se consiga interrogando con arrogancia e actitude desafiante a un prisioneiro indefenso. Ao contrario, alcánzase construíndo os cimentos éticos que sosteñen á xustiza; un horizonte que, desafortunadamente, estaba fóra do alcance mental de Pilato.
Pilato carecía desa equipaxe intelectual e non buscaba coa súa pregunta unha resposta xenuína de coñecemento, senón que apuntaba a unha expresión de chulería, arrogancia e cinismo. Como político, cría que a verdade era relativa ao poder e á conveniencia. A diferenza de Cicerón, que confiaba na verdade como sostén da República, Pilato considerábaa irrelevante fronte á orde pública e á estabilidade política.
Con todo, a pesar daquel cinismo intrínseco da súa pregunta -ou talvez precisamente grazas a ela-, a historia do pensamento empeñouse desde entón en buscar a resposta máis precisa a ese dilema. Pouco puido imaxinar Pilato, desde o seu frío escepticismo, que aquela pregunta retórica terminaría ocupando algunhas das máis grandes e profundas reflexións filosóficas da humanidade.
Transcorridos dous mil anos desde aquela soada e cínica interpelación, propóñome refutalo mediante o rigor da argumentación lóxica. O meu propósito é anular unha formulación inquisitorial da verdade que historicamente se considerou un enigma indescifrable, mesmo para Cristo, que non respondeu.
Para diminuír o impacto deste cínico personaxe nun asunto tan crucial como é a esencia da verdade, pretendo analizar a cuestión apoiándome en probas sólidas. Para iso, guiareime polas reflexións de grandes filósofos, desde unha figura histórica como Aristóteles ata un referente contemporáneo e indiscutible como Jesús Mosterín.
Orixe e etimoloxía da palabra verdade
Para entender a fondo que é a verdade, debemos rastrexar a súa orixe nos dous grandes piares da nosa cultura: Roma e Grecia. As súas etimoloxías revélannos dúas formas moi distintas de entender o mundo.
Para os romanos, a verdade era un asunto práctico e social. En latín, veritas, era un concepto que non aludía a unha revelación cósmica, senón á exactitude, o rigor e a honestidade do que se dicía. Era unha virtude cidadá baseada na confianza mutua e no cumprimento da palabra dada.
No campo da filosofía grega, o enfoque cambia por completo. A palabra que utilizaban para a verdade é aletheia, un termo composto polo prefixo negativo a- (sen) e a raíz lethe (esquecemento). Na mitoloxía clásica, o Leteo era o río do Hades cuxas augas borraban os recordos das almas. Un mito que calou no xeneral romano Decio Xuño Bruto, que tivo que loitar contra o pánico das súas propias lexións, que se negaban a cruzar o río Limia crendo que era o río do esquecemento. Por tanto, a verdade para os gregos non é algo que simplemente se di, senón algo que se rescata da memoria. É un acto de “des-ocultamento”, a acción de quitar o veo que cobre a realidade para sacala da escuridade e traela á luz.
A estrutura poliédrica da verdade
Para responder a posturas escépticas ou cínicas como a de Pilato, é necesario establecer que a procura da verdade se rexe estritamente pola razón, a lóxica e a evidencia empírica. Desde unha perspectiva epistemolóxica, a verdade maniféstase exclusivamente a través da linguaxe como ferramenta de representación da realidade.
Ao utilizar a linguaxe con este fin, xéranse enunciados descritivos, que son as únicas estruturas lingüísticas con valor demostrable (verdadeiro ou falso). Quedan excluídas desta categoría as funcións imperativas, expresivas ou interrogativas, xa que carecen de valor de verdade.
Pero a verdade non é un concepto monolítico, senón poliédrico, aínda que axustada a unha definición, comunmente aceptada, como “axuste entre pensamento e realidade”.

Aristóteles educando a Alexandre Magno na verdade
Aristóteles entende ese axuste como unha correspondencia entre o pensamento e a realidade. “Dicir do que é que non é, ou do que non é que é, é falso; e dicir do que é que é, e do que non é que non é, é o verdadeiro” (Metafísica, IV, cap. 7). Noutras palabras: a verdade consiste en saber que o que dicimos coincide cos feitos.
Tomás de Aquino, seguindo esa mesma liña, definiu a verdade como a adecuación entre a cousa e o intelecto (veritas est adaequatio intellectus et rei).
Dentro desta concepción da verdade como correspondencia está a que utilizou Alfred Tarski, quen deu unha definición moi precisa da verdade, non para a linguaxe ordinaria, senón para as linguaxes formais. Estas linguaxes non permiten utilizar expresións non veritativas, senón cousas precisas. Xeralmente, nestas linguaxes utilízanse funcións, relacións e cálculos para as cousas que forman parte das linguaxes formais.
Seguindo a clasificación do filósofo Jesús Mosterín, a verdade pode dividirse en dúas vertentes principais:
Verdades empíricas: son as que se vinculan directamente coa realidade obxectiva; xorden cando o pensamento, a través da linguaxe, se axusta á realidade. Esta forma de verdade depende dos feitos, por iso requiren contrastación coa realidade. Se o universo fose diferente á forma que as proposicións describen o mundo, esas proposicións podían ser falsas.
Verdades lóxicas: son as que carecen de contido empírico. A súa validez non depende do mundo real, senón da coherencia interna da súa estrutura, das súas premisas e das súas conectivas. Unha proposición é loxicamente verdadeira se se cumpre en todos os modelos posibles. Neste tipo de verdade aparece o criterio de coherencia sistémica, onde a verdade non se aplica a enunciados illados, senón a un amplo conxunto de enunciados a partir dos cales a validación dun novo enunciado depende estritamente da súa compatibilidade e integración harmónica co conxunto de enunciados previamente aceptados.
Debo supoñer que a verdade que reclama Pilato a Cristo non é a verdade empírica nin a lóxica, senón a pragmática, segundo a cal o verdadeiro é o útil. Un enunciado é verdadeiro se nos axuda a ter éxito nas nosas accións. Esa era a verdade que buscaba Pilato na súa pregunta, porque como político soamente admite como verdade todo o que favorece conservarse no poder, como ben expresou séculos máis tarde Maquiavelo no seu Príncipe.
Actualmente xurdiron outras concepcións da verdade, aínda que con pouco percorrido por afastarse desa “correspondencia entre o pensamento e a realidade” que defendía Aristóteles. É o caso da concepción performativa, segundo a cal a verdade non expresa ningunha propiedade sobre as cousas, senón que explica a importancia do que se fai nese momento.
Utilízase tamén a concepción do consenso, que consiste en dicir que a verdade consiste naquilo en que nos poñemos de acordo. Non obstante, esta concepción non parece válida xa que mesmo os científicos cando se poñen de acordo nas leis da Natureza, é a propia Natureza a que invalida ese consenso actuando de forma diferente.
Hai quen utiliza a concepción desencomilladora da verdade, coñecida tamén como concepción da redundancia, minimalista ou inflacionaria. Consiste en afirmar que a verdade non é unha propiedade das cousas ou dos enunciados, senón un xeito da que nos servimos para xeneralizar. Se dicimos: “é verdade que Trump quere invadir Cuba”, é o mesmo que dicir: “Trump quere invadir Cuba”.
Mensaxe aos Pilatos de hoxe
Para Pilato, a pregunta pola verdade foi un lance de puro cinismo e arrogante alarde. A súa ambición limitábase ao poder e á ostentación ante o pobo. E sabemos que para quen busca o poder, no pasado e no presente, a verdade é unha fronteira que limita a narrativa dos feitos. Pero nos tempos que corren, o espazo institucional, antes reservado para a obxectividade dos feitos, foi colonizado pola posverdade, un fenómeno devastador que instrumentaliza relatos sedutores para elevar as emocións á categoría de dogmas.
E iso alcanza mesmo aos medios de comunicación, que deixaron de ser os notarios da verdade para converterse nos seus mercadores, vendendo fragmentos de realidade ao mellor ofertante.
Como sociedade, compartimos a responsabilidade moral de pensar no que implica enterrar a verdade. Cando perdemos ese terreo firme e común que é a realidade, o sistema democrático redúcese a unha simple farsa e a xustiza pasa a depender da vontade do máis forte. Á fin e ao cabo, a verdade é o escudo que protexe aos vulnerables fronte aos poderosos; sen ela, quen ostenta o poder poden moldear a realidade ao seu antollo e converternos nos seus submisos reféns.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Avelino Muleiro:
Avelino Muleiro: “O antidarwinismo do movemento therian”
Avelino Muleiro: “A coreografía da lonxevidade: a nova linguaxe das nosas cidades”
Avelino Muleiro: “Jesús Mosterín, o filósofo da verdade”
Avelino Muleiro: “A guerra nas mesas de Kant e Maquiavelo”
Avelino Muleiro: “Jürgen Habermas, o filósofo da palabra”
Avelino Muleiro: “A posverdade e a ditadura do relato”
Avelino Muleiro: “Muros legais a adolescentes dixitais”
Avelino Muleiro: “O adeus a un xigante da palabra”
Avelino Muleiro: “O retorno dos Césares”
Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”
Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”
Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”
Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”
Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”
Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “
Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”
Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”
Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”
Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”
Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”
Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “
Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “
Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “
Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”“
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”
Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””
Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””
Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””
Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””
Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””
Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”
Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”
Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”
Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “
Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””
Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”
Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”
Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”
Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “
Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”
Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “
Artigo: “Tempos de frio moral”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”
Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”
Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”
Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”
Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”
Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””
Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”
Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””
Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “
Artigo:” Filosofía delenda est “
Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “
Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”
Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “
Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “
Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “
Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “
Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “
Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “
Artigo: ” Pienso, luego Resisto “
Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “
Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “
Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “
Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “
Artigo: ” Malos tratos e crueldade “
Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “
Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “
Artigo: ” Violencia patolóxica “
Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “
Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “
Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “
Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “
Artigo: ” De quen son os fillos? “
Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “
Artigo : ” Devalo da Galicia interior “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “
Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “
Artigo : ” Negacionismo e represión social “
Artigo : ” Reclamos tóxicos “
Artigo : “ Ditame aberto ás ideoloxías (II) “
Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I) ”
Artigo : “ Crise de Valores “
Artigo : ” A paz perpetua ”
Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos “
Artigo : ” Regreso ao futuro “
Artigo : ” Parte de guerra ”
Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño ”
————————————————————————————————–
Curriculum de Avelino Muleiro García
-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.
Obras
Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabra, Encontros coa tradición. Conversas no Ribeiro, Tres Campus, Verbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.


















