O servizo de conciliación “Bo Día Familia” está dispoñible dende hoxe tamén en horario de tarde

Dende hoxe luns, o servizo “Bo Día Familia”, oferta de conciliación dependente do concello do Carballiño, comezou a ofertar actividades en horario de tarde, unha iniciativa novedosa que ata o de agora non estaba dispoñible e moi demandada polas familias. Ademais do servizo ofertado en horario de mañá, xa se pode solicitar este en horario de tarde, dispoñible dende as 14:00 horas ata as 18:00 horas. Todas aquelas familias que queiran solicitalo deberán facelo no departamento de Servizos Sociais do concello do Carballiño.