Carballiño baixa un caso ata os 6 contaxiados e os demais concellos matéñense estabilizados

O Concello do Carballiño baixa un caso, dos 7 activos de onte ós 6 de hoxe. Esta semana os casos mantivéronse estables con apenas algunha variación dun caso. Esta fin de semana subiuse dos 5 ós 7 casos. A comarca baixa os casos, sumando un total de 34.

O foco preocupante establécese na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, cun brote que se iniciou o pasado venres e que a día de hoxe ascende ata os 20, manténdose hoxe no mesmo número ca onte. Neste caso trátase do segundo brote importante nesta segunda ola. O primeiro rexistrouse no mes de outubro con 9 contaxiados e que se cobrou a vida dunha residente de 99 anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Beariz mantense nos 7 contaxiados, despois de preocupar chegando ós 30 casos. A maioría de estes casos proveñen da Residencia San Antonio, que ten tanto residentes coma traballadores contaxiados. Nos últimos días nesta residencia rexistráronse seis falecementos.

O resto de concellos mantéñense estables. Piñor conta cun caso activo. Os demais concellos, Maside, O Irixo, Boborás, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.