O Arenteiro prepara un plantel digno de Primeira Federación. Javi Rey continuará como adestrador do C.D. Arenteiro durante a tempada 2023/2024. Chegaba para ocupar o lugar de Fran Justo nun momento álxido e viviu unha Copa do Rei máis que emocionante culminando cun ascenso.
Alex Vázquez seguirá como director deportivo logo de dous anos para sendo un dos piares fundamentais na confección dun plantel forte, e logrou dous ascensos.
Pola contra, as últimas despedidas serán as de Adrià Rojas, Rafa Mella, Álex Conde, Mario García, David Álvarez, Martín Lamelas e Daniel Pereiro. Dende o Club deséxanlles o mellor a estes grandes xogadores.