A Consellería de Política Social e Igualdade vén de conceder á Asociación de Discapacitados Intelectuais do Carballiño e Ribeiro (Aspadisi) unha axuda económica para o proxecto “Actualización do sistema informático e sistema de xestión control horario”, que foi presentado pola entidade para melloras no seu centro ocupacional e residencial ubicado na finca Os Fidalgos.
Según apuntan dende este colectivo, ésta é “unha iniciativa que permitirá a modernización do sistema informático mellorando a seguridade, eficiencia e capacidade de resposta ante posibles incidentes, así como dun sistema de xestión control horario que garante o cumprimento da normativa vixente”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A axuda recibida de Política Social foi de 5.931,34 euros, e está destinada á “Realización de Programas de Interese Xeral para Fins de Carácter Social” con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades (Convocatoria BS623D-2025/175), e a favor do devandito proxecto proposto por Aspadisi.

















