O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co presidente de Cogami

O delegado territorial agradeceulle ao presidente de Cogami o labor que está a desenvolver esta asociación, sen ánimo de lucro, a prol do benestar dos máis desfavorecidos nestes derradeiros anos

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, dentro súa rolda de encontros institucionais trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial, recibiu esta mañá ao presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga.

AVANTAR ACTIVIDADES

O delegado territorial agradeceulle ao presidente de Cogami o labor que está a desenvolver esta asociación, sen ánimo de lucro, a prol do benestar dos máis desfavorecidos nestes derradeiros anos. Gabriel Alén tamén quixo coñecer de primeira man as necesidades desta asociación que ten como meta conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación dos servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.