Ciclo Poesía e Música no IES Chamoso Lamas

Este venres día 14 de febreiro actuaron o poeta Quico Valeiras e o músico Roberto Sobrado no IES Chamoso Lamas dentro do ciclo Poesía e Música que se vén desenvolvendo dende fai xa 8 anos en diferentes centros educativos da comarca.

Este curso estase a desenvolver só no IES Chamoso Lamas e conta unha vez máis coa colaboración das Áreas de Cultura e Educación do Concello do Carballiño. Este ciclo pretende achegar a poesía e a música feita en galego e en Galicia aos estudantes de Bacharelato e Secundaria e desenvólvese ao longo de todo o curso coa realización de diferentes actividades: concertos, recitais poéticos, obradoiros de poesía, rap, hip hop, creación literaria… O IES Chamoso Lamas está a complementar estas actividades coa creación dunha sección da súa biblioteca especializada en poesía galega recente.

AVANTAR ACTIVIDADES