Avelino Muleiro: “Liexa, a Cidade Ardente no corazón de Europa”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Avelino Muleiro García :

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


Con motivo da miña estancia en Luxemburgo, aproveitei a ocasión para coñecer Liexa, unha das cinco provincias que conforman a rexión de Valonia, en Bélxica. A viaxe foi un roteiro por autoestrada de 168 quilómetros, que durou unha hora e corenta minutos. A paisaxe resultou en grao sumo singular. A autoestrada transcorre cruzando o corazón das Ardenas belgas, rodeada de densos bosques verdes e outeiros ondulados, onde os rabaños de vacas e ovellas pastaban ao sol, regalando ao viaxante unha imaxe extraordinariamente bucólica e idílica.
A diferenza da gran maioría das autoestradas europeas, que só se iluminan nas saídas ou en tramos urbanos, este corredor destaca por ter luminarias colocados a intervalos regulares de apenas unhas decenas de metros entre a cidade de Ardón, limítrofe con Luxemburgo, e a cidade de Liexa. 150 quilómetros de lámpadas! Percorrer este traxecto iluminado pola noite é unha experiencia inesquecible no corazón de Europa.
Ao entrar en Liexa, o río Mosa é un dos primeiros veciños en dar a benvida ao visitante, pois goza dunha enorme reputación como representante crave para Liexa e para a Europa deste século XXI, a nivel estratéxico, cultural e económico.
Foi xustamente alí, fronte ao fluír imperecedoiro das augas do Mosa que viaxan rumbo ao mar do Norte, onde Zarita se detivo. A miña inseparable e fiel cadeliña, compañeira de mil camiñadas por Galicia e incontables paseos cotiáns por Vigo, axitou a cola entusiasmada como tratando de descubrirme o seu sabio consello. Este chegou a través dun pequeno ladrido. Aconselloume non empezar a camiñar sen un proxecto preciso. Detrás da súa nobre e limpa mirada había unha mensaxe: Seleccionar os mellores roteiros.

“Primeiro, desfrutemos da gastronomía local. Despois, subamos á grupa da historia para deternos en cada recuncho memorable da cidade.
Iniciemos a ruta buscando a arte gótica na Catedral de San Paulo. Na Praza da catedral hai un mercadiño -o Marchei Court-Circuit- onde podemos comer. A continuación, recreémonos contemplando a soberanía do Palacio dos Príncipes-Bispos. Moi preto de alí, podemos gozar da vista espectacular do edificio da Ópera Real de Wallonia. Sería unha boa idea visitar, se está aberto en domingo, o Museo da Boverie.

Teatro Real de Vallonia

Non podemos regresar a Luxemburgo sen visitar a extraordinaria estación de Liège-Guillemins, obra do arquitecto español Santiago Calatrava; e tampouco podemos deixar de entrar na Abadía de Saint-Jacques, famosa pola súa fermosa historia ligada á peregrinación xacobea”.
Non tiven escusa para non seguir os sabios consellos de Zarita. Así que, dentro xa da urbe, descubrímola como “a cidade ardente”, un alcume que provén do carácter apaixonado e hospitalario dos seus habitantes, pero tamén do lume das súas antigas forxas. Conta a súa historia como coa chegada do século XIX esta rexión se transformou nun dos principais motores da Revolución Industrial na Europa continental. O carbón, a siderurxia e as fábricas de armamento enriqueceron a zona, asignándolle un carácter obreiro, multicultural e solidario que na actualidade se considera a base da súa identidade. Con todo, tras sufrir as duras consecuencias da desindustrialización a finais do século XX (Vigo sufriu en propias carnes este problema), Liexa ideou unha ambiciosa estratexia de reconversión que a converteu nun dos centros loxísticos máis importantes da Unión Europea.
Quedei sorprendido ao descubrir que na Liexa actual conviven ao redor de 167 nacionalidades diferentes, unha super Torre de Babel. No entanto, a convivencia entre todos os seus habitantes pareceume excelente.
As orixes da cidade
Aínda que a fundación oficial de Liexa se sitúa no século VIII, as escavacións arqueolóxicas descubriron como no Paleolítico, hai uns 20.000 anos, xa se asentaron ao lado do río Mosa grupos nómades de humanos. A orixe oficial de Liexa remóntase ao ano 705 d. C. Nese ano, o bispo santo Lamberto foi asasinado a beiras do río Mosa. O lugar converteuse nun centro de peregrinación e foi alí onde se creou un poderoso Principado eclesiástico.
Intentando pescudar a súa etimoloxía, descubrín que o nome en francés (Liège) procede do latín medieval Leodicum ou Laodico, que á súa vez deriva do xermánico antigo theuda ou liudis, que significa “pobo” ou “xente” (a cidade do pobo). Tratando de relacionalo co nome de Lugo (Galicia), infórmanme como a pesar do seu parecido fonético, non comparten a mesma raíz lingüística. Lugo provén do latín Lucus Augusti, cuxa orixe é a palabra celta lucus (“bosque sacro”) ou o deus celta Lug. Liexa, con todo, ten unha orixe puramente xermánica, vinculada á comunidade e aos seus habitantes.
Liexa, Principado eclesiástico
Liexa, a diferenza doutros Estados ou capitais europeas, non dependía de reis, condes ou duques, senón que durante case 800 anos foi a capital dun Principado eclesiástico independente dentro do Sacro Imperio Romano Xermánico. Esa categoría singular concedeu á cidade unha soberanía que aínda se adiviña no Palacio dos Príncipes-Bispos, hoxe transformado en palacio de Xustiza. Pasado o tempo, en 1789, Liexa, imitando a Revolución francesa, fixo a súa propia Revolución expulsando ao último príncipe-bispo, presumindo os seus habitantes dun carácter defensor da liberdade e da independencia.

Palacio dos Príncipes-Bispos

Recursos relevantes
Unha das miñas primeiras sorpresas ao entrar en Liexa foi o impacto das súas longas e pletóricas rúas, ateigadas de terrazas e tendas abertas -un domingo de xullo- tan rebosantes de vida. Os comercios parecían baleiros, pero as terrazas estaban ateigadas de centos de persoas que desfrutaban dos seus archifamosos gofres -cuxo aroma a azucre caramelizado flotaba polas ruelas medievais-, da súa variada oferta de cervexas artesanais e dos seus tradicionais boulets à la liégeoise (albóndegas liexesas). Seguindo os consellos de Zarita, a miña primeira visita foi á catedral de San Paulo, unha verdadeira xoia arquitectónica de estilo gótico. Esa catedral fora inicialmente -no século X- unha igrexa románica, dedicada a san Lamberto, que no século XIII foi reconstruída con estilo gótico, aínda que sen eliminar totalmente os seus elementos románicos. No século XVIII foi demolida polos revolucionarios de Liexa, pero no século XIX foi elevada á categoría de catedral.

Alén da catedral, puidemos visitar a Ópera Real de Wallonia, o Museo da Boverie, as súas desafiantes escaleiras da Montagne de Bueren (374 chanzos) e a espectacular estación de tren de Liège-Guillemins.  

A súa historia é impresionante como Imperio Principado eclesiástico independente dentro do Sacro Imperio Romano Xermánico. No século XX, Liexa xogou un importante papel na Segunda Guerra Mundial a través da Rede Cometa, un movemento audaz de resistencia cuxo obxectivo principal era rescatar aos aviadores aliados (británicos, estadounidenses e canadenses) cuxos avións foran derrubados sobre a Europa ocupada polos nazis, para ocultalos e repatrialos a Gran Bretaña. Debido á súa localización xeográfica preto da fronteira con Alemaña, no leste de Bélxica, Liexa atopábase directamente baixo os roteiros de voo dos bombardeiros da Real Forza Aérea do Reino Unido e da Forza Aérea de EEUU que atacaban o centro estratéxico alemán. Moitos destes avións eran alcanzados pola artillería antiaérea ou por cazas alemáns, obrigando aos pilotos para saltar en paracaídas sobre os bosques e campos da rexión de Liexa. Todos os veciños da zona de Liexa -médicos, sacerdotes, campesiños, gardas forestais…- localizaban aos pilotos feridos ou escondidos, proporcionándolles roupa civil e documentos de identidade falsos. Os aviadores eran aloxados temporalmente en fogares de familias belgas que se xogaban a vida. Preto do 70% das persoas que compoñían as engrenaxes da Rede Cometa eran mulleres, moitas delas novas, que desafiaron abertamente a ocupación alemá.
Con todo, como Liexa era o gran obxectivo loxístico alemán, Hitler atacouna en decembro de 1944 coa Ofensiva das Ardenas, o último gran contraataque nazi. A cidade resistiu como centro de retagarda aliado baixo un asedio terrible de mísiles, gañándose para a historia o seu status de cidade inquebrantable.
Liexa e o xacobeo
A cidade de Liexa era un importante centro relixioso e intelectual do Sacro Imperio Romano Xermánico, e alí atopábase a Abadía de Saint-Jacques de Liexa, dedicada ao apóstolo Santiago. Iso explica a súa forte vinculación espiritual con Compostela. Desde Liexa partiu no ano 1056 unha peregrinación cara a Galicia, que está considerada como unha das primeiras grandes expedicións xacobeas desde o norte de Europa. Foi o mesmo rei de Galicia quen recibiu a aqueles peregrinos en Santiago de Compostela e lles regalou varias reliquias, entre elas unha porción do corpo de Santiago o Maior. Os peregrinos regresaron entusiasmados a Liexa con aquel tesouro. A viaxe provocou que o culto a Santiago o Maior se volvese incriblemente popular en toda a rexión do río Mosa e nos Países Baixos medievais.
Ás portas dun novo Ano Santo Xacobeo, aquel vello camiño do século XI volve convocar aos viaxeiros e abrirse para que Liexa e Compostela poidan escribir unha nova páxina na súa propia historia. Estou convencido de que as autoridades galegas recibirán con grandes honras aos peregrinos de Liexa, como recibiu o rei en 1056 a aquela histórica peregrinación da Abadía de Saint-Jacques.
Fin da viaxe
Despedímonos de Valonia coa satisfacción de coñecer unha das rexións belgas con máis historia. De regreso a Luxemburgo, despois de desandar os 168 quilómetros a través das Ardenas belgas, non puiden evitar mirar a miña fiel compañeira. Zarita descansaba apraciblemente no asento traseiro do coche coa satisfacción do deber cumprido. Ela programara intelixentemente o roteiro pola cidade e, grazas a ela, puidemos descubrir por que Liexa está catalogada como a “cidade ardente”, tanto pola súa historia industrial, pola diversidade multicultural das súas xentes como polo vínculo que comparte coa nosa propia terra a través do Camiño.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “A submisión das masas”

Avelino Muleiro: “Que é a verdade? Un diálogo eterno fronte ao poder”

Avelino Muleiro: “O antidarwinismo do movemento therian”

Avelino Muleiro: “A coreografía da lonxevidade: a nova linguaxe das nosas cidades”        

Avelino Muleiro: “Jesús Mosterín, o filósofo da verdade”

Avelino Muleiro: “A guerra nas mesas de Kant e Maquiavelo”

Avelino Muleiro: “Jürgen Habermas, o filósofo da palabra”

Avelino Muleiro: “A posverdade e a ditadura do relato”

Avelino Muleiro: “Muros legais a adolescentes dixitais”

Avelino Muleiro: “O adeus a un xigante da palabra”

Avelino Muleiro: “O retorno dos Césares”

Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”

Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”

Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”

Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”

Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”

Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “

Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”

Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”

Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”

Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”

Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”

Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------