O Encontro Literario Ourensán (ELO) comeza hoxe cun encontro entre escritores e lectores na Praza Maior, de 17,30 a 21,30 horas. A actividade permitirá achegar a cita á veciñanza e favorecer o contacto directo coas persoas participantes. En colaboración co Concello, celebrarase tamén unha queimada popular co seu conxuro, aberta tanto aos asistentes ao evento cultural como á veciñanza e aos visitantes.
Por outra banda, o Concello do Carballiño convida á poboación a celebrar o Samaín cun ‘túnel do terror’, instalado na Praza Maior dende as 19,00 horas e onde se ofrecerá unha chocolatada gratuíta. Na Praza do Emigrante tamén haberá colchonetas para a cativada.

















