O centro de ensinanza superior IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño celebrou onte a súa tradicional graduación dos alumnos de último curso, neste caso de segundo de Bacharelato e os dos ciclos.

Neste caso, nun ano marcado pola pandemia, a celebración tivo que adaptarse para ser segura. O acto contou exclusivamente ca presenza dos alumnos e do profesorado e ademáis tivo que ser trasladado ó pavillón, de xeito que houbese máis espazo para garantir o cumprimento das medidas de seguridade pola covid-19.

A continuación deixámosvos algunhas imaxes do acto.