O Pleno aprobou onte os orzamentos do 2020 con partidas para paliar os efectos da crise do Covid-19

IES CHAMOSO LAMAS

O PLENO DO CARBALLIÑO APROBA DEFINITIVAMENTE OS ORZAMENTOS DO 2020 QUE INCLÚEN NOVAS PARTIDAS PARA PALIAR OS EFECTOS DA CRISE DO COVID19

Onte pola mañá celebrouse o primeiro pleno telemático do Carballiño que durou mais de catro horas e que comezou con case unha de retraso polos problemas técnicos que se repetiron durante todo o pleno e obrigaron a facer un receso pasadas as 12 do mediodía. Asistiron presencialmente o alcalde Fco Fumega, os concelleiros Diego Fdez, Manuel Sotelo e Rosa Fuentes, así como os portavoces dos partidos da oposición, PP, ESCO e BNG e o secretario. O resto dos concelleiros e o interventor asistían ao pleno de xeito telemático ainda que algúns, como Pachi Vázquez e Érika Paz de ESCO incorporánse mais tarde para intervir.

HIPER MASIDE

O pleno por unanimidade aprobou o orzamento para este ano de preto de 9’5 millóns de euros dos que mais de 1’9 millóns se distribuirán en dúas fases para dedicarlos a paliar a crise do coronavirus. Ainda así, para que sexan efectivos e poidan chegar aos sectores mais afectados tense que redactar e firmar os convenios con distintas asociacións así como redactar as bases reguladoras para o reparto dos recursos económicos. Por este motivo, a oposición requeriu ao alcalde para que o fixera canto antes.

VIDEO

Fco Fumega pola súa banda, pediu a oposición que tal e como xa fixo Podemos, lle remitiran as súas propostas de bases reguladoras e adiantou que estarían listas para a vindeira semana.

Tamén saíu adiante a prego de condicións para sacar a concurso por un periodo de dous anos o SAF cos votos a favor do PSOE e o PP, que inclue na redacción a petición deste último partido de que a empresa adxudicataria teña sede no Carballiño. BNG  e ESCO votaron en contra por considerar que o servizo tería que ser municipal e queixáronse por non poder facer alegacións.

O que sí que se aprobou por unanimidade foi a ordenanza de emerxencia social que ademáis este ano amplia a súa partida con 30.000 euros.

Logo chegou o turno das mocións, a que presentaba o BNG, para solicitar ao estado a derogación coñecida da lei Montoro, aprobouse cos votos a favor de todos los partidos a excepción do PP.

A moción de ESCO do plan convida20 e a compra de 30.000 mascarillas para os vecinos do Carballiño aprobouse por unanimidade coa sustitución das medidas económicas do plan que xa se incluiron no acordo do plan económico da corporación municipal.

Por último, incluiuse unha moción pola vía de urxencia do PP que foi votada favorablemente por todos para esixirlle ao estado que dite as normas que permitan a utilización dos superávits orzamentarios e remanentes de tesourería dos concellos para paliar os efectos da crise do covid19.

PODEMOS CARBALLIÑO

Manuel Nogueira, solicitou intervir no pleno de hoxe pero por motivos de seguridade a sesión plenaria só foi presencial para os portavoces dos grupos municipais da corporación. O motivo de dita intervención era a exposición dunha proposta de bases reguladoras do acceso as axudas para autónomos, PEMES e familias vulnerables.

Por iso, din que vista a urxencia a hora de proceder coa tramitación destes orzamentos, Podemos do Carballiño achegou ao concello unha proposta de bases reguladoras de axudas á actividade comercial e de hostalería no concello do Carballiño motivadas polo covid-19.

Esta proposta nace coa única intención de aportar pola nosa parte unha iniciativa a este concello, a este grupo de goberno, para remar todas na mesma dirección e poder xestionar de xeito áxil e na maior brevidade posible estas axudas tan necesarias en estes momentos.