Máis de 100 escolares do colexio Obradoiro de A Coruña desfrutaron do programa FGA nas aulas de primaria

O programa de charlas “FGA nas Aulas de Primaria” fixo este xoves 14 de marzo no colexio Obradoiro de A Coruña a súa quinta parada da tempada.

No día previo ao comezo do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes, os máis de 100 alumnos presentes nesta actividade puideron desfrutar da presenza de Luis Vilariño e Melisa Lorenzo, ademáis do Skoda Fabia R5 co que o primeiro competirá na cita herculina.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ao longo dunha hora, os xóvenes asistentes a esta nova parada do ciclo de charlas que conta coa colaboración de Supermercados Gadis e o apoio de Kalekói Lácteos, aprendero os conceptos básicos relacionados co mundo do automobilismo, dende a seguridade ata como afrontar unha carreira dende dentro.

Tamén recibiron as indicacións precisas para participar no concurso no que decorarán o Renault Clio Rally5 do equipo becado pola FGA, formado por Álvaro Castro Laiño e Isidro Rey.

Despois da charla chegou o momento de desfrutar do Skoda Fabia R5 de Luis Vilariño, que fixo as delicias dos alí asistentes que tamén se levaron uns obsequios en forma de merenda para manter os folgos no resto da xornada.