Avelino Muleiro: “A submisión das masas”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Avelino Muleiro García :

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

En 1929, José Ortega y Gasset axitou a conciencia española e europea coa Rebelión das masas. Naquela soada obra, o filósofo español advertía da irrupción social do “home-masa”: un individuo desprovisto de proxectos históricos que asaltaba a axenda pública esixindo os seus dereitos, pero sen asumir o máis mínimo deber. Aquela masa era manifestamente dinámica, estridente e soberbia; considerábase unha forza indomable que ameazaba con devorar as institucións tradicionais mediante a acción directa.  

Ortega elixe a figura do “señorito satisfeito” como metáfora do perfil do home-masa. E defíneo como un tipo humano que naceu nun mundo cheo de comodidades, dereitos e tecnoloxías avanzadas, pero que dá por suposto toda esa situación, coma se formase parte da natureza e non como o resultado dun esforzo de civilización colosal de xeracións pasadas. Ese señorito cre que xa o sabe todo, por iso non dúbida das súas propias opinións e despreza a opinión dos grandes pensadores.

Case un século despois, o diagnóstico da sociedade española e europea deu, socioloxicamente, un envorco inimaxinable. O problema da nosa sociedade xa non é a insurrección e a mobilización das masas, senón a súa rutina e apatía. Non asistimos a unha rebelión social, senón a unha renuncia silente. O que hoxe define á nosa sociedade é a submisión das masas ante a arrogancia e a altivez do poder.

A anestesia ideolóxica

Se o home-masa de Ortega se caracterizaba polo seu hermetismo mental e a súa tendencia para impoñer os seus desexos pola forza, o home-masa contemporáneo defínese pola súa docilidade e submisión teledirixida. As masas non buscan o poder para transformalo, senón que están a ser domesticadas por el. Ese amansamento colectivo está provocado pola hipertrofia das ideoloxías, que deixaron de actuar como sistemas de pensamento orientado a resolver problemas da vida normal para converterse en bandeiras de identidades tribais e relixións laicas. As ideoloxías lograron funcionar nas masas como anestésicos perfectos. A través da polarización ideolóxica e do bombardeo informativo persistente, o armazón do poder logrou que o cidadán prefira ter razón no relato antes que obter solucións aos seus problemas.  

A masa actual non se rebela porque está demasiado ocupada defendendo as trincheiras ideolóxicas nas que o propio poder lle situou. E esa submisión voluntaria produce un efecto perverso, mesmo na clase política, pois os gobernos actuais, ao verse libres da esixencia de render contas reais ante os cidadáns, xa non perseguen o ben común nin a resolución dos problemas sociais (a vivenda, a precariedade salarial, a saúde mental, o futuro económico). O seu único e exclusivo fin é a autoconservación: sosterse no poder custe o que custe.

Por outra banda, o verdadeiramente alarmante da submisión das masas non é que os gobernantes mintan, senón que a propia masa xustifica o engano. Ofuscada polo sectarismo, a sociedade actual é capaz de tolerar, e mesmo de aplaudir, a incompetencia, a corrupción ou o autoritarismo dos seus con tal de evitar que gañen os outros. O sentido da xustiza supeditouse á lealdade da cor política e non ás sentenzas xudiciais.  

A masa xa non esixe resultados nin narracións, esixe relatos. O relato é un fenómeno que nace directamente dunha alarmante falta de espírito crítico, porque ao delegar o pensamento no dogma de partido, o individuo renuncia á súa capacidade de xulgar a realidade polo que é e prefire vela a través do filtro distorsionado da súa ideoloxía de cabeceira.

Todo isto é consecuencia da fráxil formación intelectual da masa e da crise de valores que lle invade. A democratización da educación e o impacto social da tecnoloxía provocaron que xa non fagan falta intermediarios expertos nin pensadores recoñecidos. O filósofo ou o catedrático xa non teñen o monopolio da palabra. Na España actual, e mesmo en Europa, faltan os Ortega, os Unamuno, os Azaña, os Walter Benjamin, os Freud, os Horkheimer…, pero abundan os creadores de contido en Youtube ou os analistas nos pódcast de éxito que teñen unha capacidade de influencia política e social infinitamente maior sobre as novas xeracións que calquera filósofo ou intelectual contemporáneo. Ao non haber pensadores respectados fóra da política, o debate público queda totalmente en mans dos partidos. E estes só propoñen unha alternativa: ou estás comigo ou contra min, destruíndo así as posicións intermedias e os matices, que son a cancha onde realmente xoga a realidade.

O intelectual clásico tiña unha función social incómoda, que era criticar ao poder, pero tamén criticar á súa propia audiencia. Aquel intelectual foi substituído polo actual creador de contido, que vive do aplauso dos seus seguidores. Se di algo que molesta á súa tribo, perde ingresos e é cancelado. Por tanto, o pensamento actual tende a ser compracente e só di o que a súa audiencia quere escoitar, alimentando así os sectarismos.

Sapere aude

Como saír deste nefasto labirinto? O filósofo alemán Immanuel Kant brindounos a solución naqueles relevantes momentos da Ilustración europea: pensar por un mesmo. Liberarse da tutela ideolóxica. Segundo as súas palabras: “é posible que o público se ilustre a si mesmo, sempre que se lle deixe en liberdade; mesmo, case é inevitable”. Sapere aude. Atrévete a saber. Niso consiste a Ilustración.  

No ano 1784, Kant publicou un impactante artigo titulado: Que é a Ilustración? Comeza así:

A ilustración é a saída do home da súa minoría de idade. El mesmo é culpable dela. A minoría de idade estriba na incapacidade de servirse do propio entendemento sen a dirección doutro. Un mesmo é culpable desta minoría de idade cando a causa dela non xace nun defecto do entendemento, senón na falta de decisión e ánimo para servirse con independencia del sen a condución doutro. Sapere aude! Ten valor de servirte do teu propio entendemento! Velaquí a divisa da ilustración.

A mensaxe kantiano intenta facer responsable á persoa fronte aos problemas que lle crea a realidade. Hoxe, a sociedade necesita desprazarse da submisión ideolóxica ao espírito crítico e á responsabilidade. Ser responsable implica asumir que a democracia non consiste en votar cada catro anos e desentenderse dos problemas reais, senón en fiscalizar ao poder de xeito constante, especialmente a aquel que votamos. O filósofo surcoreano Byung-Chul Han denomina á masa social actual a “sociedade da paliación”, unha sociedade que ten fobia á dor, incluído a dor ou o esforzo que custa pensar libremente.

         Para que a masa volva ser unha sociedade de cidadáns libres, é imprescindible levar a cabo unha profunda rexeneración cultural que articule un cambio radical baseado en dous piares fundamentais: Unha formación crítica na mocidade -recuperando as humanidades, a filosofía e o debate rigoroso no sistema educativo-, e unha educación social, a través dos medios de comunicación independentes, que ensine a dubidar e a contrastar os argumentos propios cos dos discrepantes. Só así é posible obter o antídoto contra o adoutrinamento.

Ortega temía na súa obra que a masa destruíse a civilización por exceso de enerxía descontrolada. Hoxe o perigo é o contrario: tememos que a civilización se decaia pola apatía dunha masa submisa entretida en batallas culturais estériles mentres o poder se atrincheira nos seus privilexios. É hora de esixirlle á masa social que esperte, que recupere a soberanía do seu propio xuízo e que, fronte á submisión imperante, volva exercer a nobre e excelsa arte da disidencia crítica.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Avelino Muleiro:

Avelino Muleiro: “Que é a verdade? Un diálogo eterno fronte ao poder”

Avelino Muleiro: “O antidarwinismo do movemento therian”

Avelino Muleiro: “A coreografía da lonxevidade: a nova linguaxe das nosas cidades”        

Avelino Muleiro: “Jesús Mosterín, o filósofo da verdade”

Avelino Muleiro: “A guerra nas mesas de Kant e Maquiavelo”

Avelino Muleiro: “Jürgen Habermas, o filósofo da palabra”

Avelino Muleiro: “A posverdade e a ditadura do relato”

Avelino Muleiro: “Muros legais a adolescentes dixitais”

Avelino Muleiro: “O adeus a un xigante da palabra”

Avelino Muleiro: “O retorno dos Césares”

Avelino Muleiro: “O mito do saber científico e as súas trampas epistemolóxicas”

Avelino Muleiro: “Badaladas, uvas e …o eterno comezo”

Avelino Muleiro: “O milagre laico do Nadal e os seus paradoxos”

Avelino Muleiro: “Os mercadillos do Nadal en Luxemburgo e Bruxelas”

Avelino Muleiro: “A ponte invisible da confianza”

Avelino Muleiro: “O derradeiro suspiro entre as miñas mans “

Avelino Muleiro: ” Entre fenómenos e noúmenos: a realidade oculta tras a pantalla”

Avelino Muleiro: “Vivir no futuro”

Avelino Muleiro: “Así que pasen cinco anos”

Avelino Muleiro: “A guerra: Unha reflexión sobre o absurdo”

Avelino Muleiro: “A vida bébese a pequenos grolos”

Avelino Muleiro: “Nietzsche, o profeta ateo”

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (II) “

Avelino Muleiro: “O desarraigamento (I) “

Avelino Muleiro: ” A vida, un xogo total”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Se a vida estivese programada” “

Avelino Muleiro:”Os novos Retablos das Marabillas”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (V): ”Preguntas incómodas antes da despedida”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (IV): ”As investigacións de Charles Darwin, prolegómenos da teoría da evolución”

Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (III)”.O secuestro de tres foguinos

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (II)”. Darwin, os foguinos e o espectáculo da Natureza”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Viaxando -no metaverso- con Charles Darwin pola Patagonia, (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (II). A soidade psicolóxica “

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Maldita soidade (I). A soidade na filosofía “”

Artigo: “Avelino Muleiro: “Perdón, rancor e cicatrices””

Artigo: “Avelino Muleiro: “A mentira como ascensión do nihilismo””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mi Buenos Aires querido…””

Artigo: “Avelino Muleiro: “O erro categorial nas Ciencias Sociais (II) A orixe filosófica do fetichismo das ideas””

Artigo: ” Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------