O concello de Boborás reformará a Praza da Eira, en Vilachá

O concello de Boborás prosegue anunciando obras de humanización, neste caso trátase da Praza da Eira, no núcleo de Vilachá. Actualmente presenta un estado moi degradado. Dentro do proxecto contémplase o cambio do pavimento a unha combinación entre adoquín e formigón desactivado e a colocación de novo mobiliario. A inversión ascende a 30.000 euros e son financiados na súa totalidade por Turismo de Galicia.
Nese intre estase a traballar en Astureses e en A Vila e en breve procederase a traballar en Xurenzás. O concello asegura que en breves anunciaranse novas intervencións en máis pobos.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV