Pablo A. Guillén: “O río non dá para máis”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Salvados pola campá (IV). O que se dixo no pleno de setembro sobre a seca, o que non se dixo e as conclusións da serie.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nota: este artigo non estaba previsto na serie, pero a actualidade e a polémica do último pleno levaronnos a darlle continuidade.

«Non houbo ningún problema de auga.» Iso dixo o equipo de goberno PP-PSOE no pleno de setembro. Con todo, no mesmo pleno anunciou tres plans: levar a toma á presa de Veneres, arranxar as presas e encargar un plan contra a seca. Ningún deles crea auga. Vexamos por que, coas súas propias palabras (imaxes do pleno de Badal Novas, en YouTube).

Na billa non faltou auga; no río, si

«En algún momento quedamos sen auga?», preguntouse no pleno. E prometeuse: «Non imos ter máis situacións de tensión como tivemos este verán». É certo: na billa non faltou auga nin houbo cortes, «como pasou en Lalín».

Pero no río, si. O Arenteiro pasou o peor verán do que hai rexistro: nunca acadou o caudal ecolóxico de verán, 280 l/s, e en agosto marcou un novo mínimo histórico, 30 l/s, durante 61 horas seguidas, medidos augas abaixo da captación. As consecuencias víronse deseguida: a «sopa verde» e as troitas mortas. O problema houbo, só que non o pagou a billa: pagárono o río e quen vive nel. E non o evitou ningunha xestión, senón as choivas de finais de agosto. Salvados pola campá.

Fagamos o balance do río en agosto. O Carballiño capta uns 2 millóns de m³ ó ano, unha media duns 60 l/s, que en verán, coa poboación duplicada, se achega ós 120 l/s. Se augas abaixo da captación quedaron 30 l/s, o río traía como moito uns 150 l/s: aínda sen captar nin un litro, non acadaría o caudal ecolóxico. E se a ampliación do polígono lle quitase outros 17 l/s, máis da metade do que lle quedou este verán, o río secaría ou iría practicamente seco.

Plan 1: levar a captación á presa de Veneres

A primeira solución é alongar a captación: «Só aumentando a tubaxe 250 m xa se está dentro da presa e temos moitísima máis auga». É dicir, levar a toma ó encoro de Veneres. Se existe un proxecto, non estaría de máis coñecelo.

Para saber de que estamos falando, fagamos unha estimación preliminar da súa capacidade e fagámola dende un punto de vista xeneroso. Da coroación da presa á cola do encoro hai uns 900 m; cunha anchura media de 12 a 15 m e unha profundidade de 1,75 a 2 m, caben entre 18.900 e 27.000 m³. Iso é de tres días e medio a cinco de consumo medio do Carballiño (uns 5.500 m³ diarios) e, en verán, cando a poboación se duplica, de día e medio a dous e medio. E son cifras por riba da realidade: supoñen o encoro cheo e coa mesma profundidade de beira a beira e ata a cola, cando o leito ten menos fondo nas marxes e vaino perdendo cara á cola. Alongar o tubo non crea auga: só se gaña almacenamento, e pouco.

Por iso mesmo, pensar que pode cubrir tamén a ampliación do polígono, que precisaría 531.886 m³ ó ano (1.457 m³ diarios), é estar fóra da realidade: daría para entre 13 e 18 días, sen contar que o abastecemento do Carballiño a necesitase. A nova toma non pode xustificar a ampliación da concesión; como moito, serviría de reserva para casos de extrema necesidade: por exemplo, se houbese que impoñer restricións nos fogares.

Ademais, a presa é limítrofe con Cea pola marxe esquerda, onde está hoxe a toma. Levala alí obrigaría a cruzar o Marañao e situala en Cea, probablemente con acordo dese concello, ou a cruzar o Arenteiro e instalala na marxe dereita. Calquera actuación na presa afecta os dous municipios.

Plan 2: arranxar as presas

A segunda proposta vai máis lonxe: «É fundamental ese arranxo das presas que temos no río». Nomeáronse as de Cea, Piñor e O Carballiño, que habería que reparar porque «perden por abaixo» e «limpar os limos da erosión».

Se a presa de Veneres non chega, sumemos todas en cascada. Río arriba, no tramo no que o Arenteiro fai de límite con Cea, hai outras catro presas.

Se para todas tomamos os valores máximos de Veneres a capacidade de almacenamenteo sería a seguinte:

(*) Lonxitude estimada do encoro. (**) Volume obtido a partir da lonxitude do encoro e considerando unha anchura media de 15 m e unha profundidade media de 2 m.

Aínda cheas ó máximo, as cinco darían para uns doce días de consumo normal da veciñanza e uns seis en verán. En ningún caso poderían abastecer tamén o polígono industrial sen arriscarse a deixar O Carballiño sen auga nunha seca.

E, ademais de insuficiente, a idea ten catro problemas:

  • De concepto. A auga que unha presa «perde» por abaixo non se perde: é o río. É a que mantivo o Arenteiro con vida este verán ó seu paso polo Carballiño.
  • De competencias. Presas e leito son dominio público hidráulico: dependen da Confederación, non do concello. E son limítrofes con Cea, que terá algo que dicir.
  • Ambiental. Dragar destrúe o hábitat de invertebrados e peixes e arrasa os frezadoiros onde crían as troitas. É un remedio que, para gañar capacidade, leva por diante a vida do río.
  • De rumbo. O Regulamento europeo de restauración da natureza obriga a eliminar barreiras obsoletas. Europa derruba presas para que os ríos volvan correr; aquí queremos arranxalas para que deixen de facelo.

Plan 3: un plan contra a seca. Pero cal?

O equipo de goberno encargou un plan contra a seca. É unha boa noticia. Pero, se o que se escoitou no pleno é un adianto, convén preguntarse:

  • Quen o redacta e quen o paga? Se o fai a concesionaria, estaría avaliándose a si mesma.
  • Parte de datos reais de captación, de perdas por sectores e do caudal do río?
  • Coordínase coa Confederación e cos concellos de Cea e Piñor?
  • Garante o caudal ecolóxico antes de pensar en captar máis?
  • E, sobre todo, poderemos lelo e opinar antes de que se aprobe?

Conclusións

Esta serie deixou claro que o noso río está moi lonxe do que todos desexariamos. En cantidade, polo afastado que segue do seu caudal ecolóxico e polo mínimo histórico de agosto; en calidade, pola contaminación visible na «sopa verde» e as frecuentes mortaldades de troitas.

O equipo de goberno, que no pleno negou que houbese ningún problema, propuxo unhas medidas cuxos efectos resume este cadro:

A última fila do cadro sae dos propios datos do equipo de goberno: «antes perdíase o 40 %», o ano pasado baixouse ó 32 % e o contrato da auga obriga a concesionaria a quedar por debaixo do 20 % en cinco anos. E aínda máis: «Nós queriamos chegar ó 10 % de perdas: sería espectacular».

É a dirección correcta: parabéns. Pero un 32 % de 2 millóns son uns 640.000 m³ ó ano que se perden polo camiño, uns 20 l/s, case tanto como levaba o río nas peores horas de agosto.

Á vista dos números, a prioridade está clara: antes de buscar a auga río arriba hai que deixar de perdela polo camiño. E a auga que se aforre, mentres o río non acade o seu caudal ecolóxico, terá que quedar nel. Esta medida debe completarse coas seguintes:

  • Caudal ecolóxico: Que a nova toma de Veneres, se se fai, sexa só unha reserva para emerxencias de abastecemento ós fogares.
  • Presas: Que calquera actuación evite prácticas invasivas, como os dragados, e se oriente á restauración do río, non só ó almacenamento.
  • Polígono industrial: Que se retire toda proposta de aumentar a captación para usos distintos do abastecemento ós fogares, incluída a ampliación da concesión solicitada pola Mancomunidade, ata que o río acade o seu caudal ecolóxico, que o Plan Hidrolóxico pon sempre por diante do uso industrial.

En canto á calidade das augas, o camiño pasa por elaborar un Plan integral de saneamento que contemple, ademais da renovación da rede do casco urbano (separación de pluviais e residuais, tanques de tormenta, separadores nos puntos de vertido de pluviais…) e do control axeitado da depuradora e dos vertidos ó río, unha xestión adecuada das fosas sépticas do rural e a mellora da súa capacidade de depuración.

En canto á xestión, para saber canta auga perdemos houbo que esperar a un pleno; para pagala, abonda co recibo. Os datos de captación, de perdas e de calidade da auga deberían ser públicos e accesibles. O mesmo vale para as obras: os veciños deberían coñecer o calendario de actuacións na rede e o seu grao de execución. Os plans, ademais, deberían publicarse e abrirse á participación veciñal antes de aprobalos. E, sobre todo, o consumidor ten dereito a saber polo que paga e como se xestiona a súa auga.

En calquera caso, para que as iniciativas anunciadas polo equipo de goberno PP-PSOE non queden en propaganda electoral, cómpre contar con investimento público, como o que os orzamentos da Xunta para 2027 recollen para Lalín: 7,5 millóns para a nova captación do Deza e 0,98 millóns para actuacións de saneamento e depuración (Faro de Vigo, 20/10/2026).

Este ano salvounos a campá das choivas de finais de agosto. Un bo plan contra a seca serve, precisamente, para non ter que depender dela.

AGRADECEMENTO: Quixera agradecer a súa colaboración a Manuel Vázquez Fernández e a Manuel V. Villanueva, expertos pescadores e bos coñecedores do río.

NOTA: estado do río Arenteiro.

O río segue en situación de extrema vulnerabilidade. Despois do mínimo histórico de agosto, a finais de setembro volveu baixar a 40 l/s durante tres días. En outubro o caudal mantívose arredor dos 100 l/s, e entre o 18 e o 22 baixou a 80 l/s: nin a sexta parte do caudal ecolóxico de outono, 610 l/s.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS




Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (III): Pagar sen saber o que pagamos”

Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (II): O saneamento, outra materia pendente.”

Pablo A. Guillén: “Salvados pola campá (I): e agora que?”

Pablo A. Guillén: “As Barcias, un mes después de la Fiesta”

Pablo A. Guillén: “Máis troitas mortas no Arenteiro: detrás escóndese un problema estrutural”

Pablo A. Guillén:”Estamos peor que hai un ano: a “Sopa Verde” volve ao Arenteiro

Pablo A. Guillén:”Utiliza la inteligencia artificial (IA) con inteligencia natural”

Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: aprende a defenderte do lavado verde”

Pablo A. Guillén:”Cando o “ecolóxico” é só marketing: así funciona o lavado verde”

Pablo A. Guillén: A finca Lavandeira: o proxecto que urbaniza en nome dunha “rexeneración natural”

Pablo A. Guillén: “As obras en As Barcias ameazan unha das escasas lagoas do municipio do Carballiño”

Pablo A. Guillén: “A Ínsua dos Poetas e o Parque do Carballiño: un encaixe necesario”.

Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (II)”

Pablo A. Guillén: “¿Puede la Agenda Urbana cambiar el rumbo de la comarca de Carballiño? (I)”

Pablo A. Guillén: “O patrimonio da infraestructura verde do Carballiño non conta cunha protección real”

Pablo A. Guillén: “Historia de una ambición desmedida”

Pablo A. Guillén: “O ano do xílgaro”

Pablo A. Guillén: “Estado do metabolismo urbano do Carballiño”

Pablo A. Guillén: “Os documentos para a ampliación do parque empresarial”

Pablo A. Guillén: “Facerse trampas ao solitario”

Pablo A. Guillén: “Benvida ao novo Presidente da Deputación”

Pablo A. Guillén: “Consolidar o éxito da Festa do Pulpo”

Pablo A. Guillén: “A maior Romaria de Galicia “

Pablo A. Guillén: “Carballiño 14.000 + 13.000″

Pablo A. Guillén: “A obrigación de pagar pola xestión do lixo ”

Pablo A. Guillén: “Unha ferramenta para artellar acordos”

A “Parada de Autobús Intermodal”

O plan especial de seca: un plan moi especial

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VIII): “planificación urbanística e ordenación territorial”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VII): “mobilidade segura e confortable”

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (VI): avanzar na aplicación dos principios da economía circular

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (V): As infraestruturas verdes.

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------