Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (IV): A auga, ese ben escaso e moi valioso

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A AUGA, ESE BEN ESCASO E MOI VALIOSO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.

Curriculum de Pablo Álvarez Guillén:

Pablo Álvarez Guillén é Enxeñeiro Agrónomo, pola Universidade  Politécnica de Madrid, na Especialidade de Economía Agraria. Consultor  medioambiental especialista en ecoloxía aplicada e en servizos  ecosistémicos.

Nos “escritos ambiantais” das pasadas semanas establecía unha serie de consideracións dirixidas a actualizar a información dos ciudadans e das entidades sociais de O Carballiño, sobre cuestións referidas ao medio atmosférico (calidade do aire, ruído e contaminación electromagnética e lumínica). Nesta ocación centrareime noutro dos aspectos clásicos do medio ambiente urbano, en concreto, falarei da auga (das infraestruturas azuis).

Infraestruturas azuis de abastecemento

Dicir agora, co que leva caído, que o recurso auga converteuse nun ben escaso e non renovable e que vai camiño de constituír nun factor limitante na nosa comunidade autónoma, pode parecer una broma. Pero hai que acordarse do que acontecía no pasado mes de outubro para darse conta que a realidade é que a súa correcta xestión e aproveitamento é un elemento crave para conseguir o benestar social.

O río Arenteiro presenta situacións, como as acontecidas o verán pasado, nas que se producen dificultades para conservar as súas condicións biolóxicas en bo estado (“a seca”). Nestas circunstancias, resulta imprescindible estudar a viabilidade de levar a cabo as obras e infraestruturas hidráulicas que permitan garantir a subministración de auga en episodios de seca, actuando tanto na captación como no almacenamento e na distribución.

No tocante á captación, sería recomendable estudar a viabilidade de levar a cabo algún tipo de regulación no río que permita manter o caudal desexado en cada momento, tanto en situación de explotación normal como para laminar as puntas en situacións de avenidas (“as cheas”).

Diferencias de caudal do rio Arenteiro nos meses de agosto, decembro ( unha chea ) e xaneiro

Pero deberáse ter sempre presente que a regulación do río debe reverter adecuadamente no resultado da compensación do impacto ecolóxico que xera a alteración do seu réxime natural, é dicir, que esa regulación debe servir tamén para mellorar as condicións ecolóxicas do leito.

Ademais, débese incidir en que a viabilidade da Ampliación do Polígono industrial depende en gran medida da definición dun adecuado sistema de xestión da auga de abastecemento que permita compaxinar a detracción de caudais de auga, indispensables para atender as futuras actividades económicas, coa garantía de cubrir as necesidades presentes e futuras da poboación, ademais do mantemento dos recursos naturais.

No que se refiere ao subministro, aínda que durante os últimos anos o concello do Carballiño veu levando a cabo unha progresiva substitución dunha parte das antigas tubaxes de fibrocemento por outras novas doutros materiais, esta resulta totalmente insuficiente. Dada a importancia desta cuestión, os grupos políticos deberían recoller a necesidade de proceder sen demora a intensificar estas actuacións. En particular, comezando por poñer os medios necesarios para cuantificar as perdas por fugas, coñecendo con exactitude onde estas teñen lugar, e definindo e executando as obras que se considere necesarias para reducilas.

Infraestruturas azuis de saneamento

 No concernente ás augas de choiva de novo haberá que ter en conta as previsibles repercusións da Ampliación do Polígono Industrial. O gran volume destas verteduras ao Regato do Carrás, agravaría o risco das cada vez máis habituais e perigosas inundacións deste leito. Neste sentido, débese observar que solucións simples a situacións complexas acostuman conducir á catástrofe.  

No caso das augas residuais é importante comezar por coñecer o estado da rede de saneamento e a súa eficiencia. Unha forma de investigalo é poder establecer unha relación entre a auga residual producida e a que finalmente chega ás dúas Estacións de Depuración de Augas Residuais (EDARs) existentes no Carballiño. Se se detectan perdas importantes podemos estar a contaminar aos acuíferos subterráneos.

Ponte destruida polo Carrás en decembro

En calquera caso, haberá que ter en conta que unha parte importante da rede de saneamento de O Carballiño é bastante antiga polo que debería ser prioritario proceder á súa renovación. Non obstante, os dirixentes non habitúan dar a estas obras a importancia que teñen, porque requieren fortes investimentos e non producen unha elevada rendibilidade política: non se ven.

No que se refiere a calidade das vertuduras da auga residual de procedencia doméstica, non se debe esquecer que os fogares son hoxe en día unha fonte inesgotable de contaminación incontrolada cara á rede de saneamento. Incontrolada e en continuo crecemento cualitativo e cuantitativo. Dito doutra forma, un dos principais axentes contaminantes da auga somos os propios cidadáns. Por iso, é importante que a cidadanía tome conciencia sobre o que verte á rede de saneamento, porque cando está a realizar unha vertedura está a contaminar á auga que posteriormente, augas abaixo, serve para beber.

Reparación do colector no Cuco

En canto á calidade das verteduras non domésticas (industriais e non industriais) autorizadas polo concello, cabe considerar que este é o responsable do control, inspección e seguimento de verteduras de augas residuais á súa rede de rede de sumidoiros e saneamento. En consecuencia, debe comprobar que o uso da rede de sumidoiros acomódase ás normas establecidas na autorización de vertedura, e que a composición e características das augas residuais mantéñense dentro dos límites fixados.

Por outra parte, o xestor das EDARs é o responsable da calidade da vertedura aos leitos, e para iso este ten que levar a cabo o autocontrol dos parámetros necesarios e coa frecuencia de mostraxes debida. Pero as autoridades municipais deben ter presente que teñen a obrigación de garantir que o xestor cumpre coas normativas e regulamentos en vigor para evitar a agresión ao medio. Neste sentido, débese subliñar que no verán os leitos receptores da vertedura final, Río Arenteiro e Regato do Carrás, teñen serias dificultades para manter o seu caudal ecolóxico e por tanto para preservar as súas condicións biolóxicas nun estado aceptable. Nestas circunstancias, achegar un caudal que non reúna a calidade necesaria, ao non haber dilución pola escaseza da auga no medio receptor, degrada os hábitats existentes e pode chegar a comprometer a supervivencia dos nosos valiosos ecosistemas fluviais



Outros artigos de Pablo Álvarez Guillén:

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (III): Sen contaminación lumínica nin electromagnética

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (II): Gozar dunha atmósfera saudable

Breves escritos coas eleccións municipais de fondo (I): Gozar de confort sonoro

Otras consideraciones medioambientales para la ampliación del Polígono Industrial

Las alternativas para la ampliación del polígono industrial

La ampliación del polígono industrial en información pública

Ahorro de energía en el alumbrado público

Ahorro energético en comunidades de vecinos

Sequía y agua de boca

El protocolo de colaboración para el nuevo Centro de Salud

Chega o contedor de lixo de cor castaño ás nosas rúas

Un Centro de Salud amigable en un Carballiño saludable

Carballiño: Puerto seco de Galicia

Las claves medioambientales y sociales para la ampliación del Polígono Industrial

La ampliación del Polígono y el Paisaje

La ampliación del Polígono y el ciclo hídrico

La ampliación del polígono y el patrimonio natural

Consideraciones sobre el agotamiento de suelo empresarial

El poligono industrial de Maside

Síntese do modelo urbano “Carballiño Saudable 2030”

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (1) aspectos xerais da mobilidade urbana

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (2) Itinerarios de preferencia peonil.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (3) Reordenar a configuración do tránsito motorizado

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (4) Coser o tecido urbano norte sur (I)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (5) Coser o tecido urbano norte sur (II)

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (6) Gañar funcionalidade na “Avenida”.

Unha proposta de modelo urbano saudable para o Carballiño 2030: (7) Achegar o parque ao centro urbano