Bases para seleccionar o persoal directivo do Proxecto obradoiro dual de emprego “Agrupación Carbosam 2021”

Publicase hoxe no BOP. Premer na Imaxe

Por Resolución da Alcaldía do 3 de novembro de 2021, aprobáronse as bases que rexerán o proceso selectivo para seleccionar o persoal directivo do Proxecto obradoiro dual de
emprego denominado “Agrupación Carbosam 2021”, promovido polos concellos doCarballiño, Boborás, San Amaro e Maside.
Clase de persoal: laboral temporal
Duración: ata fin de proxecto
Prazas convocadas: un/unha (1) director/a
Prazo e lugar de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes aos de publicarse este anuncio de convocatoria no BOP, exclusivamente na sede electrónica do Concello do Carballiño
Poderán consultar máis información e as bases específicas da convocatoria no taboleiro web dos concellos do Carballiño, Boborás, San Amaro e Maside.
O Carballiño, 3 de novembro de 2021. O alcalde.

AVANTAR ACTIVIDADES