A Garda Civil detén a dous mozos de Maside por un roubo nunha vivenda na Almuzara

A Garda Civil do Carballiño detivo onte a dous veciños de Maside, de 25 e 21 anos, como presuntos autores de dous delitos de roubo con forza. Os feitos tiveron lugar no pasado mes de agosto na Almuzara, no concello de Boborás. Os feitos consistiron na incautación de útiles, fiestras e radiadores dentro dunha vivenda.