Plácido Álvarez, portavoz do grupo provincial do PP “A desinformación do señor Villarino alcanza un preocupante estado de alarma”

O portavoz socialista dixo textualmente ao inicio do pleno  que “non estamos en estado de alarma”, afirmación que para Plácido Álvarez se enmarca “na estratexia política da mentira e da confrontación que practica o deputado socialista, que lle leva a falar de xeito irresponsable e inadmisible nun representante público pola confusión que xera entre a ciudadanía”.

“A desinformación do señor Villarino alcanza un preocupante estado de alarma”, asegurou o portavoz do grupo popular e vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez, que expresou así o seu estupor logo de que o portavoz socialista afirmara textualmente, ao inicio do pleno que a corporación provincial celebrou esta mañá, que “non estamos en estado de alarma”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para Álvarez, “a estratexia política da mentira e da confrontación que practica o deputado socialista lévalle a facer afirmacións que superan todos os límites do imaxinable e, o que aínda é peor, de xeito irresponsable e inadmisible nun representante público pola confusión que xera entre a ciudadanía”.

O portavoz popular lembra a Rodríguez Villarino que o Consello de Ministros, en sesión extraordinaria celebrada o 25 de outubro, aprobou o Real Decreto 926/2020 polo que se declaraba, por segunda vez neste ano, o estado de alarma. Unha medida ratificada catro días máis tarde polo Congreso dos Deputados e que se manterá vixente ata o 9 de mayo de 2021, para protexer a saúde e a seguridade dos cidadáns e conter a progresión da pandemia.

Neste contexto, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, ditou unha resolución pola que mentres se manteñan as actuáis circunstancias, todos os órganos colexiados da institución provincial se celebrarán por videoconferencia, nomeadamente o pleno, a xunta de goberno, a xunta de portavoces e as comisión informativas permanentes, “nas que por certo non participa en ningunha delas o portavoz socialista, o que si fixeron sempre os seus predecesores”.                                                                                                                                                                                                                                                                

Plácido Álvarez emprazou ao deputado socialista “a exercer con máis responsabilidade a súa representación como cargo público e amosar máis sensibilidade cos cidadáns que están a sufrir a consecuencias da pandemia, o que non fixo, por exemplo, cos autónomos e pequenos empresarios desta provincia poñendo en perigo as axudas concedidas xa en abril pola Deputación”.