As obras no paseo fluvial e marxes do río Arenteiro dan comezo

As obras de acondicionamento do paseo fluvial e marxes do río Arenteiro xa deron comezo. Será unha actuación conxunta entre o concello do Carballiño e a Confederación Hidrográfica, por un importe que supera os 325.000 euros. As obras consistirán na substitución do pavimento actual, a mellora da drenaxe e evacuación de augas en dous kilómetros, dende a rúa do Irixo e a rúa de Astureses. Tamén se substituirá a cuberta do lavadoiro de Toscaña. O concello, logo da petición de preto de 300 rapaces do municipio, adecuará unha finca nese entorno para a creación dun parque infantil diferente ós xa existentes, con novidades coma unha tirolina. As obras, segundo o alcalde, deberían estar rematadas ó final do verán.

Publicidade