O PSOE de Leiro reclama ó Sergas un servizo de médico todos os días da semana

O PSOE de Leiro pon a voz de alarma, unha vez máis, ante a situación actual co médico do Centro de Saúde. Aseguran que o substituto só ven dous días á semana.

Os socialistas tamén queren reseñar que esta semana tampouco houbo enfermeira un día no Centro de Saúde, xa que a titular se tivo que ausentar por motivos persoais, e afirman que dende o Sergas non se cubriu a súa ausencia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Afirman dende o PSOE que se dende o concello e dende o Sergas non aseguran os intereses e servizo da veciñanza, veranse na obriga de ter que tomar medidas de presión de calquera tipo, afirmando que loitarán para establecer un servizo diario.

PUBLICIDADE