Cenlle disporá en decembro de fibra óptica

Antes de que acabe o ano, en todas as localidades de Cenlle haberá servizo de fibra óptica. As autoridades locais confirman a incorporación deste servizo logo de que a empresa Telefónica iniciase a instalación, que xa estará operativa en setembro nas zonas de Laias, Barbantes e parte de Cenlle. No resto de localidades irase completando a instalación ata alcanzar o 100% de cobertura en decembro.

En Cenlle todavía hai moitas zonas nas que a cobertura de conexión a internet e de telefonía móvil é deficiente ou todavía non hai ese servizo. O alcalde, José Manuel Rodríguez, asegura que este é un problema para o que buscan solucións, xa que moitos veciños teñen que desprazarse a outros puntos da localidade para acceder a esta liña.