O Carballiño e O Ribeiro, invariables ante unha nova reunión do comité clínico

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo; e polo xerente do Sergas, José Flores Arias, informa, en rolda de prensa dos acordos adoptados na reunión do subcomité clínico.

O comité clínico afronta dende esta tarde unha nova reunión de análise da evolución da pandemia. Galicia atópase nunha situación epidemiolóxica estable e Ourense en particular amosa tranquilidade polo descenso da UCI. Para os concello do Carballiño e do Ribeiro non se esperan cambios nas medidas o manter unha evolución estática.

Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, avanzou hoxe que case o 20% dos galegos teñen a pauta completa da vacina. Esta semana citaranse a 187.000 persoas, entre as que se atopan más de 80.000 menores de 60 anos, un grupo de idade que comeza hoxe este proceso.

AVANTAR ACTIVIDADES