A xunta de goberno da Deputación de Ourense, reunida hoxe por vía telemática e presidida polo vicepresidente Rosendo Fernández, aprobou a concesión de máis de 600.000 euros en subvencións para cooperación cos concellos e entidades empresariais, culturais, educativas e deportivas.
Castrelo de Miño tamén recibirá dúas achegas para obras de saneamento en Barral e O Pazo e para mellorar o abastecemento en Macendo, en ambos casos con case 10.000 euros.
Polo que respecta á cooperación con entidades, concedeuse unha axuda de case 4.000 euros para a adquisición de instrumentos para a agrupación musical Lopo de Lías de Boborás.
VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV
