
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse esta semana co alcalde do municipio ourensán de Leiro, Francisco José Fernández, co que avaliou diferentes vías de colaboración.
Conde destacou as oportunidades que ofrece a futura Lei de reactivación para atraer novas iniciativas empresariais cara aos concellos galegos e impulsar o emprendemento.
Unha das medidas recollidas na normativa que se está a tramitar é o impulso da figura dos Concellos Emprendedores, un distintivo co que conta Leiro.
A futura Lei de reactivación permitirá seguir avanzando promovendo un cambio de cultura administrativa co obxectivo de achegar unha resposta áxil para facilitar a actividade económica, dando resposta aos novos retos aos que se enfronta Galicia.