Aberta a convocatoria para o curso de nocións básicas para o voluntariado de Protección Civil

Dende a agrupación de Protección Civil de San Cristovo de Cea convidan ós cidadáns a apuntarse ós cursos de nocións básicas que acaban de anunciar unha nova convocatoria. Este sería o paso previo para poder unirse ás súas filas e completar a plantilla. Debido á situación sanitaria na que nos atopamos, o Curso Básico de Protección Civil farase de xeito virtual, cunha duración de 32 horas. Esta formación permitirá incorporarse a unha agrupación de voluntarios á vez que permiten tamén poder realizar un gran número de cursos que se imparten dende a Axencia Galega de Seguridade. Para obter máis información, poden facelo a través do correo electrónico avpc@concellodecea.com  .