Outra das novidades de onte é a volta voluntaria á clase dos alumnos de 2º de bacharelato e segundos ciclos de formación profesional.

IES CHAMOSO LAMAS

Dende o inicio da fase unha puideron comezar coas tarefas de desinfección e adaptación. E así o comunican tanto os dous institutos do Carballiño como o de Ribadavia, tiñan todo listo para recibir aos alumnos.

O IES Chamoso Lamas do Carballiño recibiu a 16 dos seus 20 alumnos de 2º de Bacharelato que queren reforzar os contidos para preparar a ABAU á que se presentarán en xullo. Tamén asistiron dous alumnos de segundo ciclo de FP para clases de recuperación.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

O director do instituto, José Manuel Vázquez, contento por ver de novo aos seus alumnos, explicounos como foi esta volta marcada polas novas normas de hixiene pero centrada na importancia de dar ese pulo final aos estudantes.

VIDEO

No IES Nº1 do Carballiño afirma que os os alumnos comunicaron a súa intención de seguir coas clases online pero transmitíronnos dende o centro que está igualmente preparados para retomar as clases.