Maside establece a súa sede electrónica para facer trámites

O Boletín Oficial da Provincia publica que o concello de Maside establece a sede electrónica do Concello de Maside coa denominación: maside.sedelectronica.gal, no que poderán realizarse unha gran variedade de trámites. Ademais, informan de que a oficina de asistencia en materia de rexistros do Concello de Maside sitúase nas dependencias municipais do Concello de Maside, situadas na Praza Maior núm. 1 da localidade de Maside. Establécese que os días e o horario no que permanecerá aberta a oficina de asistencia en materia de rexistros serán os días hábiles, de 09.00 horas a 14.30 horas.