A campaña de Nadal do CCA trae animación de rúa e 1.500 euros en vales de compra

O Centro Comercial Aberto do Carballiño trae para este Nadal animación de rúa con Elfos musicais, os días 20 e 21 de decembro. Por outra banda, tamén teremos de novo o Tren do CCA, os días 22 e 23. As entradas conseguiranse mercando nos establecementos asociados.

Comprar os agasallos de Nadal no comercio de proximidade terá premio. Mercando nas tendas asociadas conseguiremos unhas papeletas con números. Os que coincidan cos números gañadores da Lotería de Reis repartiranse vales de compra por un importe de 1.500 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES