A Xunta lanza unha campaña de seguridade vial para peatóns e conductores

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presenta a nova campaña de seguridade viaria da Xunta. No acto tamén participarán, entre outros, a delegada de STOP Accidentes en Galicia, Jeanne Picard, e os delegados territoriais da Xunta na Coruña, en Lugo e en Ourense, Gonzalo Trenor, Javier Arias e Gabriel Alén, respectivamente.

A Xunta de Galicia lanza hoxe unha campaña de sensibilización sobre seguridade viaria para lembrar que “na estrada somos pezas fráxiles”, utilizando figuras con estética de Sargadelos.

Os esforzos permitiron que o número de falecidos en accidentes nos últimos anos pasara de 144 falecidos en 2011 a 90 rexistrados en 2019.

AVANTAR ACTIVIDADES

A primeira fase comeza hoxe e durante as próximas tres semanas centrarase nos peóns, lembrándolles a necesidade de levar roupa reflectante, camiñar pola esquerda da estrada, ou para escoller o lugar máis seguro para cruzar.

A campaña retomarase en outubro co foco nos condutores.