A productora Bambú grava escenas no Carballiño dunha serie para Amazon Prime

Fotografía: Miguel Anxo Fernández.
IES CHAMOSO LAMAS

Esta mañá chegaban á zona do balneario os furgóns nos que se gardaba todo o material de gravación da serie “Un asunto privado”, da produtora galega Bambú para Amazon Prime. Esta serie está ambientada nos anos 40 e buscou algunhas das súas escenas no Balneario do Carballiño. Para esta gravación, a Policía Local tivo que pechar ó trafico durante apenas media hora para que a produtora filmara na ponte de Toscaña.

Este non foi o único escenario, xa que apenas dous meses atrás, Bambú aterrizou en pleno centro de Vigo, no que converteron a Alameda nun espazo que viaxou no tempo.

HIPER MASIDE

“Un asunto privado” está protagonizada por Jean Reno e Aura Garrido, e contará con oito episodios e aínda non se coñece a data de estrea. Esta é a primeira colaboración entre Bambú e a plataforma Amazon, que se rodará e estará ambientada en Galicia, con especial fincapé en lugares coma Vigo e Pontevedra.

O carballiñés escritor, crítico de cine e historiador, Miguel Anxo Fernández, facíase eco nas súas redes sociais desta rodaxe, asegurando que dende 1985 o Carballiño non tivera outra “irrupción internacional deste calado”.