Galicia rexistra 790 contaxios nas últimas 24 horas pero descende os casos total grazas á altas

A comunidade galega rexistra hoxe 790 contaxios, un ritmo de novos positivos que  se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 16.471, unha cifra que descende en preto de 200 casos con respecto a onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un ascenso nos hospitais galegos. Do total de pacientes positivos en Galicia, 54 (-1) están en UCI e 291 (+5) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 55 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 1.234 casos activos, preto de 40 casos menos. Os hospitais hoxe presentan 33 (+3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES