O concello de Cenlle lanza un vídeo contra a violencia de xénero

O Concello de Cenlle lanza o primeiro vídeo realizado no marco do programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Publicidade

PUBLICIDADE

Neste caso mostra o traballo realizado por @AtelierSOCIAL coas persoas que participan nos obradoiros realizados na localidade de Laias. Esta iniciativa enmárcase dentro da campaña do 25 de novembro, o día contra a violencia de xénero.