Este sábado, 11 de xuño, ás 12.30 h Moldes, Boborás, acollerá a entrega dos Premios Antón Losada Diéguez, na súa casa natal, que xa van pola súa 37ª edición. Ás 11.00 horas dará comezo a celebración cunha misa na súa memoria na Igrexa Románica de San Mamede.
Este acto contará coa presencia do Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, entre outras autoridades e conducirá o acto a xornalista da TVG, Mayte Cabezas.
Este ano ademais de facer entrega dos premios deste ano que foron para Roberto Mera e Santiago Lopo, tamén se entregarán os de 2020 que por mor da pandemia estaban pendentes e que gañaron Camilo Nogueira e Eduard Velasco.
Este premio organízase dende a Fundación Losada Diéguez, e o concello de Boborás, xunto co Concello do Carballiño e a Deputación conta cunha dotación de 12.000 euros.