Declaracións de Íñigo Errejón e Marta Lois no Día Mundial da Loita contra a Depresión

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Realizadas no marco das reunións dos grupos de traballo de Proxecto de País, en Santiago de Compostela. Dan a coñecer algunhas das principais propostas de Sumar Galicia en materia de saúde mental:

1. Garantir a existencia dunha unidade de saúde mental en todos os centros de saúde do país.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Se Sumar está no Goberno, haberá profesionais da saúde mental en cada centro de saúde do país, para garantir unha atención real á saúde mental da poboación e, especialmente, para a atención neste ámbito á xente nova, colectivo especialmente maltratado.

2. Reforzar os equipos profesionais das Unidades de Saúde Mental Infanto—Xuvenil incorporando un novo servizo de acompañamento ás familias e ás crianzas e adolescentes despois dos ingresos ou crises e no tránsito á escola e ao fogar. Este servizo incluiría visitas domiciliarias, seguimento escolar e apoio na reintegración á contorna familiar e escolar. Realizaríase a través da creación de equipos multidisciplinares que garantan atención integral no ámbito da saúde mental (con enfermeiras, psicólogas, psiquiatra, traballadora social, terapeuta ocupacional e educadoras sociais).

Trátase dun modelo comunitario e multidisciplinar, para que a atención á saúde mental non se limite a ir a consulta, se non que teña unha continuidade na atención en diferentes ámbitos e con todos o profesionais comunitarios.

3. Estenderemos a atención á saúde mental infanto-xuvenil ata os 18 anos (non como ata o de agora, que é ata os 15). A prioridade do novo goberno debe garantir a atención integral en saúde mental aos nenos, nenas e adolescentes (NNA).

Ademais, na parte educativa, dotaremos aos equipos de orientación con novos perfís profesionais (psicólogos, educadores sociais e traballadores sociais) para traballar na prevención e exercer de mediadores entre a comunidade educativa e a sociedade, mellorar a convivencia e atender a factores culturais, sociais, afectivo-sexuais, que inflúen especialmente na xente nova, no rendemento académico dos menores e no benestar das familias. Atendemos así a unha demanda histórica das ANPAS e do profesorado.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------