Eladino Cabanelas da Tenda OZOCOgz e diseñador gráfico das placas do roteiro contanos aspectos do proxecto
O detective Frank Soutelo, personaxe das novelas negras do escritor carballiñés Miguel Anxo Fernández, xa conta cun Roteiro na vila na que naceu o seu creador.
“Lume de cobiza” é a novela na que se inspira e conta con tres estatuas. Serán un total de 25 os espazos do concello nos que se colocou unha placa explicativa e entre eles se atopa a Igrexa da Veracuz, a oficina de turismo, a Casa Consistorial ou o Balneario. Ademais, difundiranse moleskine como as que emprega Frank Soutelo e que conterán fragmentos das novelas e mapas de ruta.
A iniciativa, ideada pola profesora de Filoloxía Románica na USC Mariña Albor, en colaboración co Concello do Carballiño, pretende render homenaxe a este autor e á literatura galega, ademais de incentivar a lectura.