A nova normalidade, con maior oferta de ocio e cultura trae consigo máis medidas de seguridade sanitaria

IES CHAMOSO LAMAS

A partir de hoxe, poderán superarse os límites de capacidade e asistencia, logo de autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública pola solicitude dos  organizadores das actividades acompañada dun plan de prevención de contagios. Para que se desenvolvan con total seguridade deberánse adoptar algunhas medidas que se suman ás xa mancionadas onte con respecto ós albergues e locais de ocio nocturnos. Entre elas, no que respecta ós coros e agrupacións vocais, que deberán gardar a distancia mínima interpersonal e entre eles e o público 3 metros.

Antonio Rey, presidente do coro de cámara música viva e da FECOGA (Federación Coral Galega), amosou a súa preocupación polas estrictas normas que lles traerá dificultades para ensaiar nos locais habituais e o rendimento da voz.

HIPER MASIDE

Os actos de culto, romarías, desfiles e baile en espazos abertos deberán seguir as medidas ditadas polo concello, contar cun espazo delimitado e cun máximo de 1.000 persoas, mesmo número de persoas permitidas para os eventos deportivos enespazos abertos. Os campamentos permitirán o aforo ó aire libre de 250 persoas, e en espazos pechados, 150 persoas. Nos conservatorios e escolas de música e danza recoméndase o uso de pantallas e a desinfección continua dos espazos e instrumentos compartidos. En todas estas actividades será obrigatorio o uso de máscara en todo momento menos as persoas que toquen instrumentos de vento, que poderán intercalar o seu uso.