Espazo Común reuniuse cos veciños de Arcos para mostrarlles as opcións na cuestión dos recibos do lixo

Espazo Común reuniuse cos veciños de Arcos para mostrarlles as opcións a levar a cabo na cuestión dos recibos do lixo e do monte comunal

Publicidade

Os veciños de Arcos mantiveron unha reunión cos representantes de Espazo Comú, Pachi Vázquez, Aldofo Nogueira e Érika Paz, na que lles trasladaron a situación actual do cobro do recibo do lixo.

VIDEO

Como a formación xa adiantara trala celebración do último pleno, o rexedor, Francisco Fumega, recoñecía que o expediente para o cobro dos recibos do lixo para esta parroquia non está paralizado como se comprometera a facer en numerosas ocasións.

Os veciños amosaron a preocupación ó recibir estos recibos e verse na obriga de pagalos. Neste sentido, Espazo Común cree necesario chegar a un acordó tácito e facer cumprir ó concello as medidas acordadas con eles dende varias lexlaturas atrás e por parte dos distintos partidos políticos, asegurando que non é nada novo.

Nesta cita, a formación estivo acompañada pola abogada Rita Alén, que lles amosou a súa experiencia anterior en temas de montes comunais coa intención de axudar aos interesados co comezo dos trámites para a catalogación do mesmo e a reclamación pola venda dunha das parcelas, unha acción que non se contempla no marco legal das características destos terreos comunais. Adolfo Nogueira falou das conclusión ás que chegaron nesta reunión e da afluencia de veciños que acudiron a oír as súas propostas.