Estas foron as principais infracións da Semana Santa no Carballiño

A Policía Local do Carballiño define esta fin de semana como dentro do previsto dadas as medidas activas. Reforzaron o servizo de tarde para controlar os horarios de peche dos bares e o toque de queda. A incidencia máis destacable foi unha denuncia a un bar que superaba o aforo do 50% en terraza.

Outra das incidencias é a confusión cos horarios do servizo para levar. Púxose unha denuncia a un bar por estar aberto ata as 21:50 horas. A Policía recorda que deben pechar ás 21:00 horas e o cliente pode recoller para levar ata as 21:30 horas. A partir de entón, só poderá ser o bar o que se desprace ós domicilios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Outro dos puntos que leva acumuladas máis denuncias nos últimos meses é o incumprimento do toque de queda ás 22:00 horas e, as que menos, polo incumprimento do uso da máscara na vía pública. E ademais, a Policía Local chama a atención sobre a prohibición de fumar tanto nas terrazas coma na vía pública, cando a norma di que so se pode facer en lugares que non son transitados.